>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Coetus (Orquestra de Percusión Ibérica + Eliseo Parra). Mércores 13 de Marzo en Compostela

(ultima actualización: 4 / 3 / 13 )







Aleix Tobias, percusionista catalán, viaxou a dististos lugares do mundo na procura de novas linguaxes e técnicas de tambores. Ademáis, tocou con Eliseo Parra durante dez anos, e aprendeu con el as maravillas da música popular ibérica. Xuntando estas experiencias, decidiu reunir a doce percusionistas e crear unha orquestra de percusión.

En efecto, na Península Ibérica hai unha serie de instrumentos de percusión, en grande parte descoñecidos, que ao longo da historia serviron para acompañar bailes, cancións, romances ou procesións. Estes instrumentos, que ate o de agora foron tocados por separado e coa función de acompañamento, únense no experimento de Coetus, que os dota dunha linguaxe propia inspirada nos ritmos tradicionais, creando un diálogo activo entre eles e a voz.

No 2009 saiu o primeiro disco do grupo, acompañado dun DVD documental sobre a grabación. Forma parte deste traballo a recoñecida cantora Sílvia Pérez Cruz, coa que Coetus segue a colaborar na actualidade.

Coetus realizou xa máis de sesenta concertos en festivais de toda España, Francia, Bélxica, Italia e Brasil.

O segundo álbum de Coetus, “Entre Tierras”, presentouse o pasado mes de febreiro no Auditori de Barcelona, inaugurando o Festival Internacional de Percusión. A presentación en Galicia foi dentro do Festival de Pardiñas (Guitiriz – Lugo) este pasado verán, cun grande éxito de público e crítica.

FICHA ARTÍSTICA
ELISEO PARRA, voz
JUDIT NEDDERMANN, voz
ANA ROSSI, voz
ALEIX TOBIAS, percusión e voz Coetus (TR 2009)
MARTÍ HOSTA, percusión e voz
DÍDAC RUIZ, percusión e voz
BERNAT TORRAS, percusión e voz
ANTONIO SÁNCHEZ, percusión
ANGELO MANHENZANE, percusión
ACARI BERTRAN, percusión
ALBERTO CARREÑO, percusión
ANNA TOBIAS, percusión
MARC VILA, percusión
FRAN LUCAS, percusión
MARIONA DEL CARMEN, percusión
GUILLEM AGUILAR, baixo
XAVI LOZANO, ventos Entre Tierras (TR 2012)
ANDREU HERNÁNDEZ, técnico de son














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal