>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación en Compostela do CD tributo a os 25 anos de Zënzar: VAI POLOS PADRIÑOS

(ultima actualización: 8 / 3 / 13 )





O vindeiro venres 8 de marzo a partir das 20,00h. na SALA CAPITOL de Santiago, presentación do cd tributo a os 25 anos de Zënzar : "VAI POLOS PADRIÑOS"
billete anticipado 10€ /Billeteira: 12€ (entregarase o CD tributo de balde co billete)
Puntos de venda anticipada: A Taberna e Mestura (Cerceda), Lume e Ferro (Carral), A Reserva (Carballo), Bar Tolo, J de Joker e Mercromina (Santiago de Compostela) e tamén podedes mercar en anticipada en : vendas@zenzar.info


- Zenzar- Invivo- Machina -


NOVAS RELACIONADAS:



O DISCO DE HOMENAXE A ZëNZAR AMOSA A VITALIDADE DA ESCENA MUSICAL DO PAíS
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=22090


Se gravar un disco de homenaxe xa supón un desafío a nivel de coordinación e traballo, conseguir facelo no máis absoluto secreto, cuns homenaxeados aínda en activo ten máis mérito. Pois é o que acaban de conseguir dezaoito grupos galegos con Vai polos padriños, un disco que quere celebrar os vinte e cinco anos en activo de Zënzar. A iniciativa súmase a unha lista en crecemento de discos tributo e amosa que a nosa música olla para referentes propios.


Vituco Neira, responsable do programa Planeta Furancho na Radio Galega e membro de Ruxe Ruxe e mais Mario César do grupo Invivo foron os responsables de coordinar unha iniciativa como pouco sorprendente. “A verdade é que hai xa anos que se estaba a falar da posibilidade de facer algo así. O proxecto arrincou realmente no concerto presentación do último traballo de Zënzar, en marzo de 2012 no Mesón do Bento. Estabamos alí uns cantos amigos e fans e decidimos que era un bo plan e logo saíu a idea de o facer en secreto, pareceunos un desafío interesante”. Deste xeito, ao longo dun ano e a base de contactos persoais, foise difundido o proxecto. “Avisar a xente sen que o soubesen os do grupo era un problema, de aí que foi todo boca a boca. Elaborouse unha lista de temas que se lles enviaba aos grupos e eles escollían por orde de contacto cal querían facer”. Ao final foron 18 as bandas que participaron, de xeito totalmente altruísta, gravando cos seus medios e enviando os seus temas, e case outras tantas as que quedaron fóra do proxecto, ben por saber del tarde de máis, por descoñecer a iniciativa ou por non poder reunires e gravar nos prazos previstos.



Recepción
A proposta, como se pode comprobar nun vídeo publicado na rede por Xosé Bocixa, cantante do grupo, resultou toda unha sorpresa para os Zënzar. “Foi unha historia da que non tiñamos nin idea”, recoñece. “Non agardabamos un disco deste tipo nin penamos que puidese pensar, foi moi emocionante cando comezaron a sonar as cancións, algunhas nin sabiamos cales eran. Resulta incrible ver tanta xente aí detrás a seguir a catro tolos que comezamos a cantar rock en galego. Estamos tremendamente agradecidos a todos os que participaron no proxecto”, apunta.

Os participantes
De entre os participantes no disco, Vituco salienta que persoalmente “chamoume moito a atención Balbordo Público, un grupo de Compostela que non sei cantos anos teñen os seus compoñentes, pero con certeza non naceran aínda cando Zënzar comezou a tocar”. Pola súa banda Bocixa recoñece que no grupo levaron sorpresas cos colaboradores, xa que non todos son amigos. “Hai moitas bandas das que escoitaramos falar ou que ao mellor coincidiramos algunha vez pero realmente non tiñamos contactos directo, e algunhas que nin coñecía”, apunta. “Unha das maiores sorpresas para min foi a de Sechu e os Invisibles que fan unha versión de Chegando a casa que me encanta. E logo o acústico que gravara Machina para Planeta Furancho de Cheira mal, que xa a coñeciamos, encántanos”. De xeito máis xeral apunta que “é curioso que todos colleron cancións vellas, do repertorio máis punk ou máis heavy, apenas hai dos tres últimos discos”.

Alén dos amigos
“Unha das cosas que máis de chamou a atención foi o cariño, o respecto e a ilusión que amosaron os grupos que participaron”, explica Neira. “Ao mellor os grupos que somos máis vellos xa cadramos con eles moitas veces no escenario, pero hai tamén moitas bandas que non tiveron unha relación directa e que amosan unha admiración tremenda por eles, o que é curioso tamén porque nunca foron unha banda excesivamente comercial”. Coincide nesta apreciación Bocixa. Segundo apunta Bocixa, “é normal que grupos como Os Diplomáticos, que tiveron moita repercusión, tivesen un disco de homenaxe. Nós quizais non chegamos a un público tan amplo, por estilo e tamén por actitude. Sempre fomos ao noso e en ocasións mesmo buscabamos o rollo anticomercial”.

A influencia
Esta homenaxe pon de relevo a importancia e a influencia dunha banda que, no entanto, non estivo polo xeral entre os grupos máis escoitados do país. Segundo sinala Neira “Zënzar foi unha grande influencia para os grupos que viñeron detrás a facer rock”. Mario César, pola súa banda, sinala que “o seu legado notouse sobre todo no camiño que abriron a cantar rock en galego a comezos dos noventa. Daquela non era algo habitual, e hoxe está moi normalizado. Aínda que daquela había outros grupos que tamén cantaban en galego, hoxe xa non existen, sobrevivir 25 anos na música ten moito mérito. Logo, dentro das variacións de estilo que tiveron na súa música, a base de baixo, guitarra, voz e batería eu penso que influíu en moitos grupos”.

Música a ollar para ela mesma
Do mesmo xeito, a proposta amosa a vitalidade dunha escena musical que comeza a ter referentes no propio país. O de Zënzar é un máis dos múltiples discos de homenaxe que se están a facer nos últimos anos e que evidencian que os nosos músicos non só beben de influencias foráneas, o que supón unha importante mudanza con épocas anteriores da escena. Gravacións como as realizadas por unha multitude de bandas para as homenaxes a Andrés Dobarro, Os Diplomáticos de Monte Alto, Maxín Blanco ou Os Resentidos verifican esta tendencia. “Por fin temos un pouco de respecto e de admiración polo noso. Consúmese moita música de fóra pero agora vese tamén que hai xente de aquí que ten moi boas cancións”. Para César “hai tempo que os músicos galegos recoñecen o traballo que se fai aquí, en todo caso o recoñecemento falta nos medios de comunicación ou polas administracións. Este é un disco independente, alternativo, que xorde dos propios músicos do país”.

Bocixa, pola súa banda, apunta que “semella que levamos uns anos no que e Galicia escóitase o que se fai en Galicia. Iso notámolo no público dos concertos, que aumentou. Agora xa non é complicado meter a cen persoas a pagar entrada nunha sala pequena para un concerto, mentres que hai cousa de vinte anos era imposible e tiñas que actuar de balde” explica. Ademais de referentes propios, iniciativas como estas están a amosar a capacidade dos músicos galegos para se coordinar por si mesmos e desenvolver proxectos colectivos. Para alén de homenaxes, discos como o Galician Bizarre proban a capacidade de mobilización dun sector no que a autoedición colle cada vez máis forza.

Concerto e continuación
Os interesados en coñecer a iniciativa teñen dispoñibles todos os temas na rede. Ademais, terán unha ocasión magnífica o vindeiro 8 de marzo na Sala Capitol, onde se celebrará un concerto que servirá para presentar este tributo. “Estaba xa programado un concerto de Zënzar para entón, e aproveitamos para artellar a presentación”, lembra Vituco Neira. Convidados de diferentes grupos e a colaboración de Machina e Invivo completan o cartel. Os asistentes terán tamén a ocasión de adquirir os discos da homenaxe.

Para alén desta cita, o proxecto vai continuar con vida propia logo do disco. O feito de que moitos grupos quedasen fóra desta homenaxe pola propia discreción con que se xestionou o proxecto está a abrir a posibilidade de continuar a iniciativas. Segundo explica Bocixa, “nós mesmos recibimos varios correos de amigos que queren participar. Lydia Botana, por exemplo, empregou unha versión nosa agora nun compilatorio que sae en Sudamérica, e non está. Entón decidimos facer un chamamento, e seica hai máis xente que tamén o fixo por Internet, animando a quen queira gravar novos tempos. Desde o grupo comprometémonos a difundilos cara ao final do ano, xa sexa editados en disco ou ben mediante a rede. A verdade é que nós estaríamos encantados de que se sumase máis xente, gústanos moito escoitar outras visións dos nosos temas”. De xeito que semella que a historia non rematou e que teremos novas versións de Zënzar nos vindeiros meses.








o cortelho dos ruxe » VAI POLOS PADRIÑOS
http://cortelho.blogaliza.org/2013/01/15/vai-polos-padrinos/




Andamos un feixe de amigos estos días a voltas cun disco tributo ós grandes Zenzar.

A cousa xerminou fai uns meses na sala Josfer no Mesón do Vento. Mentras os Zenzar presentaban o seu último disco “vaise armar” sobre as táboas da Josfer uns cantos músicos amigos e admiradores da banda ceibaron a idea de celebrar os 25 anos zenzarianos facéndolle un disco tributo e aínda foron maís lonxe: fariase sin que Zenzar se enterasen para darlles a sorpresa nos días de inicio dese 2013 cargado de celebracións para eles.

Así o asunto quedou en non facer ningún tipo de chamamento público e que o propio boca a boca fora traendo ideas ó proxecto e sobre todo cancións dos Zenzar reinterpretadas por outras bandas do universo do rock en galego. E co desafío colectivo de que Zenzar non souberan absolutamente nada ata o día de entregarllo en man como finalmente así aconteceu.

Púxose unha data. O 31 de outubro tiñan que estar as cancións. De ser poucas bandas fariase un ep e de aí en adiante benvidas serían cantas máis propostas e cancións mellor. E vaia se chegaron cancións.

Por suposto que non houbo ningún ánimo de excluir ou despreciar a ningún grupo. Houbo bandas que non se enteraron e é unha grande mágoa. Tamén houbo outras que se enteraron pero que por diversas circunstancias, e moi ó seu pesar, non poideron achegar a súa canción pero o que nos quedou claro de toda esta aventura é o enorme, tremendo, sentido e verdadeiro aprecio e admiración que os grupos do rock en galego senten por Zenzar.

Foi emotivo ver o cariño, a ilusión e a respondabilidade que toda a xente involucrada no proxecto mostrou por este disco homenaxe.

Aí quedan para sempre as versións de Machina dende Cerceda, Deseqilibrio Mental dende a Casalonga, Invivo dende A Ulla, Som do Galpom dende A Moniña, Nao dende A Estrada, ruxe-ruxe dende Aríns, Pito de Pikasso dende Amio, Balbordo Público dende as Fontiñas, Compañía do Ruído dende o Barbanza, Medomedá dende a Casalonga, Mr. Kamándula dende Cerceda, Raiba dende Caldas, K-Raxe de Carballo, Chícharo Psicótico de Ordes, O Jallo Light dende Cerceda, Os tres Trebóns e os homes sen medo dende a Coruña que máis rabuña, Dios ke te Crew dende Ordes e Secho e os invisibles dende Dodro.

Todas as bandas, todos os músicos, técnicos, deseñadores. De todos e cada un deles é este tributo e a todos eles o único motor que os moveu foi a admiración, cariño e respecto por Zenzar. Ningunha parte foi máis ou menos importante que outra e o que sacou adiante o proxecto foi o máis fermoso e enérxico poder da colectividade.

Haberá quen pense mal, quen se sinta excluído ou incluso quen vexa escuras intencións sobre este proxecto pero que saiban que este disco somentes foi a xuntanza duns amigos para cantarlle ó 25 aniversario musical doutros amigos. Sen máis historia … e non é pouca. Ogallá se xunten outras tantas bandas e lles fagan outro disco e iso xa sería absolutamente fascinante. Zenzar vaia se o merecen.

Agora, polo que nós sabemos, farase unha presentación oficial do disco aproveitando un concerto dos propios Zenzar en datas vindeiras (a festa será das de gardar na lembranza) e poderanse mercar exemplares do disco na rede en breve. E sobra decir que os “beneficios” que poida traer a venda dos discos irá destinada a unha moi boa e xustificada causa pois en ningún momento houbo ningunha intención de sacar ningún beneficio nin económico nin de ningún tipo en toda esta historia por parte de ninguén.
Tamén é de agardar que nestos días cada banda vaia colgando e distribuíndo pola rede e ó seu antoxo a súa canción de maneira que todo o mundo teña acceso a disfrutar das pezas deste tributo.
…
E agora, e se nos permitides, de parte de ruxe-ruxe simplemente decir que é unha honra ben grande poder compartir músicas nun disco con tan boas bandas e sobre todo con tan boa xente. Orgullo de compañeir@s. E enriba para celebrar os 25 anos dos nosos irmáns Zenzar.

Apertas para tod@s e moitos e merecidos parabéns.

Sobre todo para Zenzar … 25 anos non nos chegaron a nada … que sexan outros tantos e que nós vos disfrutemos.

Bicos ! irmáns !





Planeta Furancho do día: 14/01/2013
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/planeta-furancho-planeta-furancho-do-dia-14-01-2013-509118










Dezaoito grupos brindan a Zenzar un disco tributo
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2013/01/18/dezaoito-grupos-brindan-zenzar-disco-tributo/0003_201301C18C9993.htm




Que un grupo celebre o seu aniversario recuperando algúns dos temas da súa traxectoria é algo moi frecuente, e que o faga reunindo aos seus amigos doutras bandas resulta tamén habitual. Pero que sexan estes últimos os que, por iniciativa propia se animen a organizar un disco homenaxe e a brindarllo a modo de sorpresa aos primeiros é algo só ao alcance dunhas poucas bandas. Entre elas está a cercedense Zënzar, que pode presumir xa de 25 anos de compromiso musical irredutible co rock feito en galego.
Escoitar temas como Dálle, Cheira mal, A Tribu ou Ratos no hórreo pasados polo tamiz musical de MeDoMedÁ, Compañía do Ruído, Dios Ke Te Krew ou Ruxe Ruxe, é só unha pequena mostra do agasallo sonoro que ofrece este Vai polos padriños. Tributo aos 25 anos de Zenzar. Completan o elenco de invitados Machina (por partida dobre), Desqilibrio Mental, Invivo, Som do Galpom, Nao, Pito de Pikasso, Balbordo Público, Mr. Kamándula, Raiba, K-Raxe, Chícharo Psicótico, O Jallo Light, Os tres trebóns e os homes sen medo e Secho e os Invisibles.
Algúns dos seus integrantes, xunto co único membro fundador de Zenzar que xa non forma parte do grupo, M. Silveira, acudiron este luns ao seu local de ensaio para facerlles entrega do disco e ver as súas facianas. Recuperados xa da sorpresa, Bocixa e compañía xa organizaron unha presentación por todo o alto: o día 8 de marzo na sala compostelá Capitol.






Escoita o Disco Tributo aos 25 anos de Zënzar!
http://www.gzmusica.com/novas/grupos/291-escoita-o-tributo-aos-25-anos-de-zenzar.html


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: Fuxan os Ventos: Lúa de Prata ::

:: Presentación do libro-cd "Fí­os do querer" ::

:: Tradicionalmente, de Carlos Estévez ::

:: Conví­rtete en Mecenas do disco Elelelos: Músicas de tradición oral do Concello de Bueu ::

:: O disco de CAXADE está-se cozendo ::

:: Xa está á venda o libro sobre Germán V. Soneira ::

:: Ponte... nas ondas! compila o seu traballo nun libro-CD-DVD ::

:: Cantocha de mala ghana - Adianto do novo disco de Mónica de Nut: DOS FIOS INVISIBLES CHEGAN AS CORES ::

:: A Orquestra Folk SondeSeu grava na ETRAD o seu 4º álbum discográfico. ::

:: Som do Galpom - A piques de estourar ::

:: “CO XENIO DESTROZADO”, novo álbum de SÉS ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: 26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD ::

:: Pop, novo disco de Luis Peixoto e Fernando Barroso que busca financiación na plataforma Verkami ::

:: Andando a Terra. Uxía Canta a Manuel María ::

:: "Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional ::

:: KEPA JUNKERA RENDE HOMENAXE Á MUSICA DE GALIZA ::

:: Presentación do libro-cd "De Voces Ceives a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega" de Antón Seoane ::

:: Presentación en Ames do libro-disco de Germán Soneira ::

:: Presentación do novo disco de Terbutalina, A MUERTE, na Sala Capitol (Compostela) ::

:: Concerto-presentación do disco "Dos fíos invisibles chegan as cores", de MÓNICA de NUT e VIRXILIO da SILVA ::

:: Presentación do CD/DVD SERAN EN TOUTÓN, en Mondariz ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO MAGNÉTICO-ZEN DE XOÁN CURIEL EN LA HABITACIÓN DE NIÑA CARACOL (OURENSE) ::

:: Torre de Breoghán: Luar na Lubre musica as invasións galegas de Irlanda en compañía da OSG ::

:: Os Ulträqäns presentan o seu segundo disco na Sala Garufa Club (A Coruña) ::

:: 2naFronteira presenta Zapatiños para Díaz Castro en A Coruña ::

:: Presentación en Bueu do Proxecto Elelelos ::

:: Marta Quintana e Cuchús Pimentel achéganse a Diaz Castro no multiusos de Redondela ::

:: Presentaciòn do libro O Gaiteiro de Santo Xusto ::

:: Presentación-Festa do libro biográfico dos Diplomáticos de Monte Alto ::

:: Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultura ::

:: Sesión Bravú no barrio de Novo Mesoiro (A Coruña) ::

:: Presentación do libro TANTO ENCANTO REUNIDO en San Sadurniño ::

:: Tanto Nos Ten presenta o seu novo CD en Redondela ::

:: Pandeiromus presenta "TEÑO DÍAS" ::

:: LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO, novo disco de Guadi Galego ::

:: O Fiadeiro: Presentación do libro-CD “A viaxe de José do Campo” na ETRAD (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo do novo disco de A Quenlla ::

:: Presentación Novo disco Santos Morcegos na IV Festa de Entruido Da-lhe co Sacho. En A Guarda ::

:: aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares” na Fonsagrada ::

:: Riobó presenta Quiral ::

:: Presentación oficial en Vigo do novo LP de Camarada Nimoy ::

:: Disco-presentación Liviao de Marrao + Collón de Lola (Compostela ::

:: Presentación en Lugo do libro "Pito Galego, Método Práctico" Edt. Ouvirmos ::

:: Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal ::

:: Presentación do disco SONS DE NÓS no teatro Colón (A Coruña) ::

:: Presentación-concerto do disco de Sindicato da noite, en Andel (Vigo) ::

:: Presentación do disco de Algarabia en Mos ::

:: Presentación do libro Repertorio Tabernario ::

:: IREI A DARBO. Presentación da curtametraxe en Cangas ::

:: Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal ::

:: SES no Culturgal | Sinatura de discos ::

:: Presentación en Ponteareas de Alborada Dun Soño, de Anton Corral ::

:: Concerto-presentación do disco dos CHAVELLOS en Mos (Pontevedra) ::

:: Os Carunchos en Vincios (Gondomar) ::

:: Presentación do libro O Gaiteiro de Santo Xusto 'O son da Ulloa' en Monterroso ::

:: Brigada Bravo&Díaz presenta disco en Santiago De Compostela ::

:: Irei a Darbo ::

:: Presentación do videoclip de Samarúas en A Coruña ::

:: Presentación de indoevindo de Milesios en Lugo ::

:: Presentación en A Coruña do libro-CD "indoevindo" de Milesios ::

:: Presentación en Rianxo do libro+CD: Os soños na gaiola en concerto ::

:: Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol ::

:: Presentación de indoevindo en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei. Lugo) ::

:: Presentación en A Coruña dos novos vídeos de Os Diplomáticos de MonteAlto ::

:: Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña) ::

:: Presentación en Rianxo do libro-cd homenaxe Ramón Carou ::

:: 40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017), Reedición conmemorativa ::

:: Presentación en A Coruña do libro-disco 'ELISEO PARRA, nunca perseguí la gloria' ::

:: Presentación do libro "O Tamborileiro Técnico" na MMC de A Coruña ::

:: Susana Seivane pre-estrea 'Fa' en A Coruña ::

:: Presentación de Herdeiras en Mondariz ::

:: Tiruleque presenta "Outro que tal baila" en Compostela ::

:: Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas ::

:: Presentación do primeiro disco de Volta e Dalle en Mondariz ::

:: Presentación en Vigo da Chave Mestra ::

:: Dorothé Schubarth presenta 'Os cantos do mar' en Vigo ::

:: Concerto presentación do libro-disco Pakolas, de Pako Cerdeira, en Moaña ::

:: Presentación de Aldea Viva en A Coruña ::

:: Presentación do Libro-CD Son da Maía en Calo (Teo) ::

:: Concerto-Presentación do libro O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en Ferrol ::

:: Bruno Villamor presenta O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en A Coruña ::

:: MetalXis presenta o seu primeiro traballo en Bembrive (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo dos traballos de Pablo Rial e Rafa Crespo ::

:: Apresentação SINDO DE OLELAS COM XURXO SOUTO E RAMOM PINHEiRO (Arca da Noe - Vilar de Santos) ::

:: Gonzalo Caride presenta O SAÍR PRÁ ROMARÍA en Lavadores (Vigo) ::

:: Os Melidaos presentan TRIBU NOSA (Melide) ::

:: Presentación do libro Ericia, de Xosé Luí­s Ramos Suárez ::

 

:: A OFG SONDESEU EN A CORUÑA. SÁBADO 8 DE MARZO. 20:30. TEATRO ROSALÍA DE CASTRO. XIRA PRESENTACIÓN DANZAS BRANCAS ::

:: A OFG SondeSeu en Compostela ::

:: Concerto de Som do Galpom en Burela ::

:: SONDESEU, A ORQUESTRA FOLK DA ETRAD, INICIA XIRA DE PRESENTACIÓN DE DANZAS BRANCAS ::

:: Presentación do libro CD CoraSons na Illa de Arousa ::

:: Presentación do Libro TREBOADA GALEGA en A Guarda ::

:: Migallas Teatro e Kalandraka presentan Pan de Millo en Lugo ::

:: Caminantes de Finisterre presenta o seu DVD 'Vivo en La Plata' ::

:: Presentación de Pan de Millo, este sábado en Pontevedra ::

:: Cé orquestra pantasma, presentación en Vigo do disco "Do Meu" ::

:: TIRULEQUE presenta o seu 2º traballo discográfico "Mu!!" ::

:: V Edición de Persoeiros da Terra: Presentación do Libro-CD "Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas", na Casa Común de Calo 'Marisa Mirás', no Concello de Teo ::

:: Presentacion en Compostela de ARROCK CON CHICHAROS o novo disco de Pito de Pikasso ::

:: Sés presenta en Compostela o seu disco Co Xenio Destrozado ::

:: Uxía Senlle presenta Rosalía Pequeniña acompañada por Sergio Tannus e Santiago Cibreiro ::

:: Concerto de SKANDALO GZ no Avante en Santiago ::

:: Kepa Junkera, convidado de luxo na Foliada da Baiuca (Arteixo) ::

:: SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril ::

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Linho do cuco presenta o novo disco: “As Alegrías” ::

:: Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE ::

:: Concerto de Os Minhotos en Lugo presentando A Pinga D'auga ::

:: A Compañía do Ruído presenta o seu disco cunha gran festa en barco pola ría de Arousa ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Presentación en Compostela do CD tributo a os 25 anos de Zënzar: VAI POLOS PADRIÑOS ::

:: Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País. ::

:: Presentación do disco de ORBALLO na Casa de Cultura de Pontedeume ::

:: Milesios presenta en Lugo o seu disco Alén Mar ::

:: Rebeliom do Inframundo no Torreiro da Festa (Vigo) ::

:: Skandalo Gz presenta o seu disco Esperta!! Na Gentalha do Pichel (Compostela) ::

:: Presentación en Lugo, de PINGA D'AUGA, novo disco de Os Minhotos ::

:: GRAN CONCERTO presentazón do 'Disco díscolo' dos da Ría en Teo ::

:: Presentación do libro "TREBOADA GALEGA" ::

:: Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU ::

:: Presentacion na Fnac do gupo folk -Mel de Meiga ::

:: Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición) ::

:: Presentación en Arzúa do disco de Julio Vázquez Carril ::

:: Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios ::

:: AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní­ ::

:: Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mar Maior de Luar Na Lubre: 13 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: Concerto-Presentación do CD de Agustí­n Sánchez “Pezas de aquí­ e acolᔝ na Tradescola (Lugo) ::

:: Presentación en Redondela da Guía didáctica de instrumentos galegos ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O Canto do Pobo ::

:: Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ::

:: Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante” ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte ::

:: Guí­a didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos ::

:: PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS ::

:: O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos" ::

:: Quempallou presenta “Once Anos Mallando” ::

:: As cancións perdidas do pazo ::

:: Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES ::

:: Unha cáscara de noz convertida en barco ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ ::

:: Berrogüetto filma unha actuación histórica ::

:: "Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO" ::

:: Trasmundi pon son á nosa mitoloxía ::

:: Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.) ::

:: Arquivo das Daníças do Alentejo ::

:: Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos ::

:: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru ::

:: Lizgairo - Diacroní­as ::

:: ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero) ::

:: Tiruleque ::

:: Susana Seivane - Os Soños que Volven ::

:: 'Sós', tí­tulo do cuarto traballo de Mercedes Peón ::

:: Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 ::

:: Noitarega, "XXI" novo disco ::

:: Dous + Tres = Folkfusión ::

:: "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo ::

:: Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" ::

:: Así­ fan os bailadores... ::

:: "Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto ::

:: A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards' ::

:: Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música ::

:: PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI ::

:: Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas ::

:: NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel ::

:: Once máis 15, poemas musicados ::

:: Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven» ::

:: Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. ::

:: Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´ ::

:: Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´ ::

:: Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. ::

:: Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional ::

:: XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero. ::

:: Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva ::

:: Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco ::

:: Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´ ::

:: A «galecidade» do Brasil (segunda entrega) ::

:: A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO ::

:: Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA ::

:: `Benzón´ de Guadi Galego ::

:: Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista ::

:: Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde ::

:: `O Berce das Palletas´ ::

:: Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip ::

:: Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira ::

:: `Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009) ::

:: Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina ::

:: Labazada de estrea [CD e formazom] ::

:: Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino ::

:: O novo disco dos Carunchos xa está no forno. ::

:: Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´ ::

:: Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista ::

:: Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo ::

:: `Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina ::

:: Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom ::

:: Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía ::

:: aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA ::

:: `En Galego´, Novo Disco dos Carunchos ::

:: Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música ::

:: Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´ ::

:: 30 anos da publicación do único álbum de N.H.U. ::

:: TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG ::

:: PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009) ::

:: O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras ::

:: A música tradicional de Ferrolterra en imaxes ::

:: NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma ::

:: Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião ::

:: Presentación do libro O vestido de onte ::

:: O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba ::

:: As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez ::

:: Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´ ::

:: A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar ::

:: Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´ ::

:: `Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane ::

:: Kastomä: Novo disco en Nadal ::

:: SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA ::

:: La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional ::

:: Presentación do CD Son de Rianxo ::

:: Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas ::

:: Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ::

:: A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro ::

:: Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo ::

:: Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba ::

:: Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas ::

:: Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña ::

:: Isolma. CD e DVD de GS21 ::

:: Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´ ::

:: Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´ ::

:: Xa está online A Grileira Nº10 ::

:: GZ POP! na revista catalá ENDERROCK ::

:: Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos ::

:: PAI Música editará Cantos na Maré ::

:: Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión ::

:: Buscando poemas musicados (en galego ) ::

:: Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto ::

:: Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia ::

:: Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929 ::

 

 




 

Voltar á páxina principal