>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Presentación en Lugo, de PINGA D'AUGA, novo disco de Os Minhotos

(ultima actualizaci�n: 18 / 1 / 13 )





Venres, 18 de xaneiro, no Clube Clavicembalo


- Os Minhotos -


NOVAS RELACIONADAS:



GC Tendencias :: Pinga D'auga é o novo disco dos Minhotos
http://tendencias.galiciaconfidencial.com/nova/12907.html


O grupo lucense Os Minhotos celebrará, cunha festa-concerto, o remate do seu traballo discográfico Pinga d'a Auga. A festa-concerto celebrarase mañá venres, 18 de xaneiro, a partir das 23:30 no Club Clavicembalo de Lugo. Ademais dalgunha sopresa para os asistentes os músicos interpretarán, entre outros, os temas do seu novo traballo.

Un total de doce temas compoñen este lanzamentos discográfico que pretende ser, como o nome do mesmo indica, “unha pinga minhota que contribúe a crear ese inmenso mar das músicas feitas neste país”. Moitos dos temas interpretados son arranxos de temas tradicionais pero tamén hai temas de autor e colaboracións de instrumentistas procedentes de diversas formacións.

A banda define a súa música como un xeito propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e reflexión sobor da música tradicional galega. Os seus membros levan moitos anos adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no da construción de instrumentos musicais.

Na súa música combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e alterna a música de autor coa tradicional.





Os Minhotos presentan Pinga D'auga
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=22082


Un concerto con convidados dá a coñecer o disco esta noite en Lugo
(mostras de audio no enace)


O pub Clavicémbalo de Lugo acolle esta noite, a partir das 23:30 horas a festa-concerto coa que o quinteto Os Minhotos dá a coñecer o seu disco Pinga D'auga. Doce temas que mesturan composicións propias e temas tradicionais, mesturando gaitas e a percusión tradicionais conzanfona, acordeón, requinta e clarinete. No concerto e hoxe, o grupo estará acompañado por algún dos colaboradores que participaron na gravación do disco.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Clavicembalo -






Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal