>> Iniciar Sesión  




+     

 


 



XV Certame de improvisación oral - CENTRO VECIÑAL E CULTURAL DE VALLADARES
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 15 / 12 / 12 )



Desafio, improvisación e inxenio. Estas son as máximas no Certame de improvisación oral que se leva organizando en Valladares (Vigo) desde hai 15 anos. Ademais das exhibicións de regueifa con Luis "O Caruncho", Bieito Lobariñas e JOsiño da Teixeira, hai tamén un obradoiro de iniciación con Pinto d'Herbón e unha sesión de teatro improvisado cos Triatreros. A entrada é de balde e os actos acontecen este domingo 16 de decembro.

PROGRAMACIÓN

Pola mañan:
12,30 horas.- Obradoiro de iniciación a improvisación en verso con Pinto d´Herbón

Pola serán:
19,00 horas.- Apertura do acto cos participantes do Obradoiro matinal
19,15 horas.- Teatro improvisado co grupo vigués “Triatreros”.
19,45 horas.- Sesión de Regueifa con: Luis “O Caruncho” Pinto d´Herbón Bieito Lobariñas Josiño da Teixeira
20,15 horas.- Despedida e peche

OBRADOIRO DE INICIACIÓN A REGUEIFA

Vai ser impartido por Pinto d´Herbón e terá lugar nunha das salas do Centro Sociocultural do Pedregal o día 16 de decembro entre as 12,30 e as 14,00 horas. Admitiranse un máximo de 10 alumn@s preferiblemente con coñecementos previos de improvisación oral. Teñen de prazo para inscribirse ata o 14 de outubro as 15,00 horas. Os que sexan escolmados, aparte de asistir ó obradoiro de balde serán convidados a xantar e ademais terán ocasión de protagonizar unha sesión de improvisación de 10 minutos (aprox.) ó inicio do Certame. As inscricións poderanse facer no teléfono 986467053, no fax 986467052 ou ben enviando un e-correo a cvallada@ctv.es ou oral@regueifa.org.

@s que queiran asistir como ouvintes poderán facelo, (sen custe) solicitándonolo previamente nos prazos e medios establecidos ó efecto (admitiranse ata un máximo de 15 persoas) pero non disporán das prerrogativas outorgadas @s alumn@s do curso.

Enderezo: ESTRADA XERAL DE VALLADARES Nº 261 36.315 - VIGO TELF: +34 - (9)86 - 467053 FAX: +34 - (9)86 - 467052 Http:www.ctv.es/USERS/cvallada E-mail: cvallada@ctv.es


- Regueifa- Pinto d'herbon -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal