>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Obradoiro de Pesdelán en Moaña

(ultima actualización: 14 / 12 / 12 )





Venres 14 de decembro de 2012 ás 18:00h
Praza de Abastos, Moaña (Pontevedra)
Organiza: Concello de Moaña

Este obradoiro esta pensado para o publico familiar.
Unha oportunidade unica para que pais, nais, avos, fillos e fillas participen xuntos da aprendizaxe
de xogos de roda e bailes, dun xeito ameno e divertido.

As pezas que bailaremos son parte do libro CD / DVD Na Punta do Pé, do grupo Pesdelán e foron recollidas
en distintas zonas da xeografia galega e portuguesa.

No obradoiro de Pesdelan participaremos: Patricia Lopez (voz e percusions),
Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Santi Cribeiro (acordeon) e Carlos Freire (percusion).

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos,
bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal
(Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008
facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade,
en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo
e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador
polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema:
o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas,
para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán.
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués
dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera
coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka,
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias


- Pesdelán -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal