>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU

(ultima actualizaci�n: 30 / 11 / 12 )





Este venres, 30 de novembro ás 9 da noite, no Teatro Principal da Estrada o Grupo Retrouso presenta OU, o seu primeiro disco.



RETROUSO
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL E POPULAR


Nace no ano 2005 no seo da AC A Fervenza de Ouzande, actuando por primeira vez nas Festas do Socorro da parroquia. A agrupación de música tradicional e popular participou en múltiples eventos musicais e festivos da máis diversa índole como os Seráns da Sala Nasa, en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro, tamén en Santiago, de Música nas Rúas organizado polo Concello de Santiago.
Participou tamén en dúas ocasións no desaparecido Festival Músicas da Terra de Ouzande, e outras dúas mais no prestixioso Folk de Raíz en Callobre, este mesmo ano 2012.
En 2008 foi o gañador do Concurso de música tradicional Xiradela na localidade coruñesa de Arteixo, participando noutros certames semellantes en Luou e na Coruña. No ano 2010 participou no prestixioso Festival As Nosas Músicas de Couso, repetindo cartel no presente ano 2012.
No ano 2011 participou tamén con éxito no Manguelo Folk de Orazo. Ese mesmo ano, tivo a ocasión de participar no festival céltico de Saint Loup da localidade bretoa de Gwegamp, convidado polo grupo santiagués Pana Raiada.
Ademais ten participado en numerosas festas e romarías en concellos como Trazo, Vedra, Barro, Ordes, Laxe, Caldas...., sen esquecer as súas múltiples participacións en celebracións festivas do Concello da Estradas e numerosas parroquias do mesmo.
O seu primeiro disco, OU, aparece no verán do presente 2012 e será presentado oficialmente o próximo venres 30 de novembro no Teatro Principal da Estrada. O disco foi producido polo músico, acordeonista do grupo, Marcos Varela, que é o autor de varias pezas e dos arranxos de todos os temas.
O grupo presentará unha ampla formación no concerto de presentación do seu disco, constituída por 15 compoñentes, das máis diversas idades, aínda que destaca pola xuventude da maioría dos seus compoñentes.

Compoñentes:

Noelia Bouzón: gaita
Cesar Vicente: gaita
Fon Chedas: gaita e acordeón
Pablo Neiro: gaita e acordeón
Oscar Durán: gaita
Martín Varela: gaita
Ines Bugallo: gaita e percusión
Manuel Anxo Rey: gaita
Manu Bouzón: gaita
Miriam de Castro: gaita
Marcos Varela: acordeón
Xosé Martíns: percusión e saxo
Manuel Bouzón: percusión
Mirian Bodelo: voz, culleres e pandeireta (Convidada)
Darío Balado: voz (Convidado)



- A Fervenza de Ouzande -


NOVAS RELACIONADAS:



Retrouso presenta o seu disco OU nun concerto no Principal
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2012/11/27/retrouso-presenta-seu-disco-ou-nun-concerto-principal/0003_201211D27C119920.htm




O teatro Principal da Estrada acollerá este venres ás 21.00 horas o concerto de presentación de OU, o primeiro traballo discográfico do grupo de gaitas Retrouso. A actuación será ás 21.00 horas, con entrada de balde, aínda que os asistentes deberán retirar os seus tickets na billetería do Principal para controlar o aforo. Poderán facelo desde unha hora antes do concerto. Tamén será posible conquerir as localidadades de xeito anticipado na taberna de Ouzande ou contactando co propio grupo a través do teléfono 628 113 305.
O concerto fará un repaso dos doce temas do disco e incluirá outros a maiores. OU foi grabado na Semana Santa pasada. No verán puxéronse á venda cincocentas copias que na Estrada se poden mercar na taberna de Ouzande, nas librarías Marxe e Alberte Quiñoi ou a través das redes sociais. O disco combina temas populares -coma o Alalá das mariñas- con algún de composición propia, coma Alborada e o vals Bágoas, creados polo mestre de gaita do grupo, Marcos Varela.
Retrouso naceu da man da asociación cultural A Fervenza de Ouzande, nas clases de gaita impartidas desde o 2003. Desas sesións formativas saiu no 2005 un cuarteto que foi medrando ata converterse no Retrouso que é hoxe, con doce integrantes de todas as idades, maioritariamente de Ouzande e da Estrada. En esencia, é un grupo de gaitas, con acompañamento de tambor, bombo e acordeón ás veces. No disco, a agrupación contou ademais con colaboracións de un tamborileiro, un saxo e dúas voces.
Acompañamento vocal
Miriam Bodelo -voz do grupo Os Xeitosos de Trazo- e Darío -un rapaz de Vedra de 11 anos que no disco pon voz a un arrolo de berce- participarán tamén no concerto deste venres acompañando ós compoñentes de Retrouso.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal