>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos (Ferrol)
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 20 / 11 / 12 )





Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos
Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos.
Ademáis, pensamos que pode ser un punto de encontro das diferentes inquedanzas e métodos de traballo das escolas de música tradicional que na actualidade están a realizar a súa actividade para conservar as nosas músicas e tradicións.
E o Real Coro "Toxos e Froles", a agruación folklórica máis antiga de Galiza, pretende, a través das súas actividades, ser un altofalante e espallador da nosa cultura, e en especial, no terreo da música.

Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
formulario de inscripción II Concurso de Dúos Gaita - Percusión

Tamén podes descargar as bases da convocatoria, neste enlace:
Bases do II Concurso de Dúos Gaita - Percusión



- Toxos e Froles -


NOVAS RELACIONADAS:



II Concurso de Dúos Gaita-Percusión . Organiza o decano dos coros galegos
http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=1107&lg=gal


Por segundo ano consecutivo, o Real Coro "Toxos e Froles" bota a andar o seu II Concurso de Dúos de Gaita e Percusión para menores de 18 anos. Esta iniciativa busca servir de axuda aos novos instrumentistas galegos na búsqueda de experienza á hora de enfrentarse a un público, xurado, ... o que sen dúbida resultará proveitoso para o seu futuro como músicos. Podes inscribirte enviando por correo electrónico info@toxosefroles.com o formulario de inscripción.

BASES:

1. Poderán participar tódolos instrumentistas que o desexen, independentemente da súa procedenza xeográfica.
2. Únicamente serán admitidos instrumentos tradicionais galegos.
3. Os instrumentistas única e exclusivamente poderán formar parte dun dúo.
4. Os concursantes deberán vesti-lo traxe tradicional galego que non poderán quitarse ata o final do concurso.
5. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 10 parellas. Os participantes non poderán ter cumpridos os 18 anos antes da data do concurso.
6. Para a selección dos concursantes terase en conta o curriculum e as pezas presentadas a concurso.
7. As parellas que desexen participar deberán remiti-la folla de inscripción que se adxunta e que tamén pode ser atopada na páxina web do Real Coro “Toxos e Froles” (www.toxosefroles.com), acompañada pola fotocopia do DNI de ámbolos dous participantes, para confirma-la idade dos mesmos.
8. As inscripcións deberán ser remitidas á dirección postal seguinte: - Real Coro “Toxos e Froles”, Rúa Magdalena 220, apdo 72, 15402 Ferrol - Ou ó correo electrónico info@toxosefroles.com Antes do día 21 de Novembro de 2012.
9. O concurso terá lugar na Sede do Real Coro “Toxos e Froles”, na Rúa Magdalena 220 de Ferrol, o Sábado 8 de Decembro de 2012 ás 19.00 horas.
10. As parellas seleccionadas deberán estar presentes na Sede do Real Coro “Toxos e Froles” ás 18.00 horas para confirma-la súa asistenza.
11. A orde de actuación farase por sorteo por membros da Xunta Directiva do Real Coro “Toxos e Froles” e será feita pública na páxina web da Entidade.
12. A actuación dos dúos de instrumentistas terá unha duración mínima de 4 minutos e máxima de 5 minutos. Haberá que interpretar obrigatoriamente un ritmo de muiñeira ou xota, quedando á elección dos músicos a mostra doutras melodías.
13. O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación.
14. A folla de inscripción deberá ir acompañada coas partituras das melodías para gaita a interpretar polos concursantes. Asemade, adxuntarase un pequeno curriculum de ámbolos dous instrumentistas.
15. O concurso estará dotado dun único premio de 600 €.
16. Ademáis deste premio outorgado polo Xurado, haberá un premio de 200 € que será outorgado polo público presente no Concurso. Dito premio pode ser adxudicado tamén ao grupo gañador.
17. O Xurado estará composto por persoas coñecedoras da música tradicional galega.
18. O Secretario Xeral do Real Coro “Toxos e Froles” será o encargado de levantar acta e facer públicas as decisións do Xurado.
19. O Xurado valorará a afinación, o emprego de dixitacións galegas, ornamentación, recursos interpretativos, dificultade das pezas, estética, … e o empaste entre ámbolos dous instrumentistas.
20. O Xurado será o encargado de xulga-las actuacións dos participantes seguindo o stipulado nas presentes bases e asignará o premio, que en ningún caso poderá quedar deserto.
21. A inscripción no concurso implica a aceptación das presentes bases. O Xurado poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas bases.
22. A decisión do Xurado será inapelable.






O dúo de Xinzo de Limia gaña o II Concurso de Dúos do Toxos e Froles
http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/54000-ferrol-noticia




Cayetano Cuquejo, de 16 anos, e Carmen Canal, de 13, gañaron onte a II edición do Concurso de Dúos de Gaita e Percusión organizado polo Real Coro Toxos e Froles. Os dous pertencen á banda de gaitas de Xinzo de Limia e participaban por primeira vez nun certame destas características. Baixo o nome Furafoles interpretaron o alalá “Caen Folerpas”, a xota “O brumeigo” e a muiñeira “Pola ponte pasa un gaiteiro”. Logo de proclamarse vencedores, volverona interpretar para o público que enchía o salón de actos do Toxos.


O dúo A Garita, de Fene, formado por Laura Piñeiro e Serafín Santamariña, foi o preferido dos espectadores, que puideron dar a súa opinión mentres o xurado deliberaba. Así, estes últimos levaron 200 euros e os gañadores absolutos, 600.
As outras dúas formacións que tomaron parte na proba foron Os Xaramiños, de Muxía (Óscar Vieites e Juan José Vigo); e Os Argalleiros, tamén de Fene (Mar Alvariño e Rubén Díaz).
O concurso estivo presentado por Eliseo Zaera Landeira, habitual mestre de cerimonias do Toxos. O xurado encargado de decidir o gañador formábano Arturo Lamas (presidente da institución), Fernando Dopico e Andrés Tojeiro. Unha vez rematada a proba, destacaban a calidade das catro parellas e o difícil que resultou tomar unha determinación, pois o nivel estaba moito máis igualado que o ano pasado, cando había máis parellas pero a gañadora sobresalía por riba das demais.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal