>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentacion na Fnac do gupo folk -Mel de Meiga
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 24 / 11 / 12 )





Nova formación folk liderada pola cantante Eva Carreras, que tras ó seu paso por Operación Triunfo aposta por un estilo e composicións baseado na música tradicional galega, da que sempre estivo fortemente vinculada.

A canción galega arroupada con ritmos “celta”, sonoridades Pop e sutís arranxos interpretados por ex-compoñentes de “Mutenrohi” e músicos do panorama folk.

Este sábado día 24, presentación na FNAC de A Coruña as 19:30h






NOVAS RELACIONADAS:



Mel de Meiga debuta con Crecente
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21756


Crecente é o título do álbum de debut da formación Mel de Meiga, o novo proxecto musical de Eva Carreras. A cantante, coñecida por ter participado no programa Operación Triunfo, vira a súa carreira cara ao folk cun grupo no que conta con antigos músicos de MutenRohi. Canda a ela, Carlos Campos “Kakus”, Iván Salgado, Pablo Dalama, Loren Tabarés, Leonel Vignola e Luis Manuel Pérez completan a formación. O seu primeiro traballo, editado por Inquedanzas Sonoras, presenta dez temas nos que predomina o folk con compoñente vocal e toques pop que se deixan sentir no emprego do baixo ou da batería.

Gravado nos estudios Nocturnal Records de Ourense, o proxecto conta con colaboracións do gaiteiro Anxo Lorenzo, o percusionista David Outumuro e o quinteto de corda Aurum Ensemble.

Un concerto o vindeiro 24 de novembro no FNAC da Coruña servirá de presentación ao disco.

Preescoita Crecente en Reverbnation







O grupo folk Mel de Meiga presenta o seu primeiro disco | CRTVG
http://www.crtvg.es/informativos/o-grupo-folk-mel-de-meiga-presenta-o-seu-primeiro-disco-462076#.ULDINOSZSa-




















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal