>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

MUSICA CON RISCO en Allariz

(ultima actualización: 24 / 11 / 12 )





A Fundación Vicente Risco e varios empresarios de Allariz, en colaboración co Concello de Allariz, organizan un ciclo de concertos “Música con risco” que se desenvolverán nos vindeiros meses en diferentes locais e espazos públicos da vila.

O día 24 de novembro dará comezo o programa musical con dous concertos: César Morán estará no restaurante Alarico coa súa musicalización de poemas de Álvaro cunqueiro (ás 20:30h) e O Leo i Arremecághona! Actuarán no Roi Xordo (ás 00.00h)

A primeira tempada de Música con risco desenvolverase ata o mes de outubro de 2013 e no programa inclúense 12 concertos e a proxección do filme Unha viaxe por Galiza.

2012

24 de Novembro:
- Cesar Morán no Restaurante Alarico
Leo i Arremecághona no Roi Xordo

15 de Nadal
- Primordiais na Pousada Torre Lombarda
- Xoan Curiel no Roi Xordo


2013

26 de Xaneiro
- Resonet na Fabrica de Vilaboa

23 de Febreiro
- Fdez e Quintá no Roi Xordo

22 de Marzo
- Comisa Bal na Praza Maior

27 de Abril
- Sés no mesón Porto Vello

17 de Maio
- Ugia Pedreira e Fred Martins no Restaurante Acea da Costa

29 de Xuño
- Proxección do filme Unha Viaxe por Galiza de 1929, explicado e musicado por Pablo Gallego, Pulpiño Viascón e Xuro Souto.

27 de Xullo
->APRAZADO-> Narf no Rosa Castelá

31 de Agosto
- Cé Orquestra Pantasma na Praza do Concello

28 de Setembro
- PelDeNoz no Café Bar Saraiba

26 de Outubro
- Ugia Pedreira e Fred Martins na Cafetería Camper

Máis información..




NOVAS RELACIONADAS:



Fundación Risco e empresas de Allariz ofrecen un ciclo musical
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/11/17/fundacion-risco-empresas-allariz-ofrecen-ciclo-musical/0003_201211O17C69910.htm


Lonxe de laiarse, optando pola visión en positivo e por apostar e colaborar «para contribuir que Galiza sexa cada vez máis Galiza», a Fundación Vicente Risco e os empresarios de Allariz, coa colaboración do Concello e de Novagalicia Banco, organizan un ciclo de concertos que se desenvolverán nos próximos meses e que rotarán por diferentes locais e espazos públicos da vila. O ciclo Música con risco foi presentado onte na fundación e comezará o vindeiro día 24 con dous concertos: César Morán estará no restaurante Alarico coa súa musicalización de poemas de Álvaro Cunqueiro (20.30 horas) e O Leo i Arremecághona! actuarán no Roi Xordo (00.00 horas). A primeira tempada de Música con risco desenvolverase ata o mes de outubro de 2013 e no programa inclúense 12 concertos e a proxección do filme Unha viaxe por Galiza, con música en directo. Primordiais, Xoán Curiel, Resonet, Fdz e Quintá, Comisa Bal, Ugia e Fred, Narf, Cé Orquestra Pantasma, Pel de Noz e Ariel Minas participan no programa.
Na presentación do proxecto Luis Risco salientou que a aposta da iniciativa é implicar ao empresariado na acción cultural, superando deste xeito a dependencia das institucións.
Fomentar o mecenado
A fundación conta cos empresarios na xeración e creación de cultura e para que esta achega sexa compensada canalízase tendo en conta a Lei do Mecenado, o que permitirá que os empresarios podan acceder á desgravación fiscal. Dende o colectivo empresarial salientouse na presentación o valor engadido que supón a oferta do ciclo.






Música con Risco enche Allariz de música galega
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=21787


César Morán dá a saída, o vindeiro 24 de novembro a Música con Risco, un programa musical que achegará a Allariz trece concertos de artistas galegos. O proxecto, promovido pola Fundación Risco e o Concello coa colaboración de case unha vintena de locais e entidades, prolongarase ata outubro de 2013 e inclúe propostas como as de Pel de noz, Ugia Pedreira e Fred Martins, O Leo i Arremecághona, Ses ou Resonet. Restaurantes, cafetarías, bares e diferentes locais da vila acollerán os recitais.






http://www.laregion.es/noticia/232566/empresarios/allariz/inician/ciclo/musical/
http://www.laregion.es/noticia/232566/empresarios/allariz/inician/ciclo/musical/








CONCERTOS NA VILA ALARICA
http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=1106&lg=gal


A Fundación Vicente Risco e varios empresarios de Allariz, en colaboración co Concello de Allariz, organizan un ciclo de concertos “Música con risco” que se desenvolverán nos vindeiros meses en diferentes locais e espazos públicos da vila. O día 24 de novembro dará comezo o programa musical con dous concertos: César Morán estará no restaurante Alarico coa súa musicalización de poemas de Álvaro cunqueiro (ás 20:30h) e O Leo i Arremecághona! Actuarán no Roi Xordo (ás 00.00h) A primeira tempada de Música con risco desenvolverase ata o mes de outubro de 2013 e no programa inclúense 12 concertos e a proxección do filme Unha viaxe por Galiza.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal