>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición)

(ultima actualización: 23 / 11 / 12 )





Venres 23 de Novembro ás 21:30
A Casa de Ana (Travesía da Ruibal, 15, Pontevedra)

Xandre Outeiro, da man de Ediciones Intermitentes, presenta a segunda tirada do "Manüele de pandeireta e canto tradicional", unha edición revisada e ampliada dun volume didáctico pioneiro que viu a luz por primeira vez no abril pasado e que está a ter unha demanda cada vez maior.

Desta volta, ademais de toda necesaria explicación sobre o libro e o soporte a el vencellado, o autor e músico ofrecerá unha interpretación en directo de parte do repertorio incluído no mesmo. Unha grande ocasión para tomar contacto coa aprendizaxe do instrumento e a linguaxe da música tradicional galega da man dun verdadeiro coñecedor.


- Manüele de pandeireta -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal