>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

3º MAGOSTO FURTIV@ (O VISO - REDONDELA). 1 DECEMBRO

(ultima actualización: 23 / 11 / 12 )





Xa co remate da época dos magostos e das castañadas chega a terceira edición do MAGOSTO FURTIV@ ó Viso (Redondela). O torreiro de festas da Teixeira acollerá unha vez máis esta festa furtiv@ onde a esencia das castañas percorrerá o ambiente lúdico, cultural e de lecer que a organización servirá como plato principal a tódolos asistentes que o sábado 1 de decembro se animen a achegarse ó Viso. O Magosto furtivo, un evento totalmente autoxestionado e autoorganizado polo grupo de música tradicional afincado na parroquia TANTO NOS TEN e polo COLECTIVO LÚA MEIGA, contará coa sempre agradecida colaboración da asociación XOEIRA, coa colaboración desinteresada da TENDA DE CONCHA, así como coa axuda voluntaria de máis dunha ducia de veciños que van votar unha man coas castañas, o chocolate e coa doazón de produtos para colaborar na organización desta "festa para tod@s".

1 de Nadal no torreiro da festa de A Teixeira - O Viso

Coa finalidade de que o magosto furtiv@ chegue a tódolos públicos e con entrada totalmente de balde, o vindeiro sábado 1 de decembro a partir das 5 da tarde contaremos con:

XOGOS TRADICIONAIS
OBRADOIROS PARA NEN@S ORGANIZADOS POR XOEIRA
TANXARINA (títeres)
PETER PUNK (malabares e risas)
OS CAMPANTES DA BAÑA (musica tradicional)
FOLIADA A RACHAR (trae o teu instrumento e únete á festa)

Ademais, HABERÁ CARPA, teremos moitas CASTAÑAS e algunha sorpresa máis ....


Noticia enviada por xcovelo

- Magosto Furtivo- Tanxarina- Peter Punk- Campantes da Baña -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal