>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

De Serán en Romaría - I Espectáculo de Baile e Música Tradicional Traspés

(ultima actualización: 22 / 11 / 12 )





Domingo 25 de novembro de 2012 ás 21h
Auditorio Pazo da Cultura Mar de Vigo, Vigo (Pontevedra)
Organiza: Asociación Cultural Traspés
Colabora: Concello de Vigo
Entradas: Servinova

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés é unha entidade adicada á recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore.
Este espectáculo amosa a través de relatos, música e baile, as vivencias dun tamborileiro que percorreu grande parte da xeografía galega por mor das inquedanzas do seu tío, o gaiteiro Serafín.
Nos seus espectáculos, Traspés recrea escenas pasadas, coidando meticulosamente todos os detalles (indumentaria, xoería, repertorio, etc)




«Unha tarde de sol, sentado na sombra que hai ao pé da porta da súa adega, cun cigarro na boca e un vaso de viño na man, Manolo de Toutón recorda a súa mocidade, percorrendo Galicia co seu tambor para acompañar ao seu tío Serafín, “o gaiteiro do Condado”.
Tocaban en tódalas festas do Condado, pero iso a Serafín non lle chegaba, así, xunto co seu sobriño, marchou por Galicia adiante a tocar en toda festa na que eran contratados.
Foi así como Manoliño, con tan só 16 anos, comezou a súa andaina por toda Galicia descubrindo as distintas formas de divertirse que tiña a xente daquel tempo; gozando de Polavilas, Romarías, Entroidos, Bailes e Seráns entre outras festas; pasando a súa vida... de Serán en Romaría.»



Fundado a finais do ano 2009 en Vigo por un grupo de amigos cunha importante traxectoria no eido do mundo tradicional, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés ten como finalidade amosar ao público a nosa realidade cultural a través dos traballos de recollida de campo na que abarcamos toda a etnografía da nosa comunidade, intentando non desvirtuar ningún dos seus detalles.
Así, na posta en escena, podemos apreciar a forma de vida dunha época determinada, con información contrastada e coidando meticulósamente tódolos seus detalles tales como a indumentaria, a xoiería, os bailes, as músicas, os cantares, os instrumentos... propios da época e do lugar que estamos interpretando


- Traspés -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal