>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival Os Alegres 2012

(ultima actualización: 16 / 11 / 12 )





Sábado 17 no Teatro Principal de Pontevedra as 20h
Máis de duas horas de música, baile e canto tradicionais coa participación (ademáis das distintas formacións de Os Alegres) do grupo de pandereteiras Maianas, de Ames ( Coruña), o grupo de cantos de taberna Maravallada, de Pontevedra, o gaiteiro pontevedrés solista Alvaro Novegil, quen tamén esporá na entrada do teatro unha pequena mostra da sua obra como pintor ( Alvarellos ), acompañado o tamboril polo percusionista pontevedrés Andrés Vilán, o grupo O Ghusto do Boi, formación de charanga tradicional da zona da Ulla, o grupo de gaitas das Cortellas de Ponteareas Novo Serán, o grupo de pandereteiras da A.C. Seixebra, de Moraña, o grupo pontevedrés de gaitas Os de Algures e as Pandereteiras das Burgas, de Ourense.
Para rematar renderemos homaxe a duas figuras vivas da nosa música: Manuel Váquez “rin-rin”, de Vilanova dos Infantes ( Ourense ), historico taborileiro do grupo Muxicas, e o coruñes Pepe Temprano, autentico notario da historia da gaita en galicia nos últimos 50 anos.
O festival estará presentado por Lidia Gallas Otero, e tamén se proxectarán o longo do mesmo, distintos videos e fotografías.



- Os Alegres -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal