>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Músicas Doces en Arzúa - Petiscos musicais na hora do café
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 9 / 11 / 12 )





As Músicas Doces son petiscos musicais servidos á hora do café, na sobremesa das tardes; pasteis sonoros á luz do día. A confitaría La Esquina de Arzúa acubilla este ciclo de concertos de pequeno formato para audiencias reducidas, lugares íntimos e próximos para conectar público e artistas. Entre novembro do 2012 e xuño do 2013 La Esquina convértese no lugar máis atractivo onde parar en Arzúa.

Entrada + pastel do día: 5 €. Reserva de entradas no mail info@folque.com (até 15 min antes de cada actuación)

Entradas limitadas: 30 persoas por actuación

Hora de comezo: 16.30 h e 17.30 h (dúas actuacións por día) Cada actuación é independente e serán duns 40' cada unha.




MENÚ

2º DOMINGO DE MES


domingo, 11 de novembro - Xoan Curiel...........+ pastel de cabelo de anxo
domingo, 9 de decembro - Mónica de Nut.......+ pastel de coco
domingo, 13 de xaneiro - Celso Sanmartín....+ empanadilla de crema
domingo, 10 de febreiro - Davide Salvado......+ pastel amendoado e tartiña de santiago
domingo, 10 de marzo - Ugia Pedreira.........+ caña de crema
domingo, 14 de abril - Carlos Quintá........+ cesto de mazá
domingo, 12 de maio - Ariel Ninas............+ melindres
domingo, 9 de xuño - Benxamín Otero....+ pastel de ollo de boi


- Xoan Curiel- Mónica de Nut- Davide Salvado- Ugia Pedreira -
- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal