>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

O violino de Courtier - I Encontro de Violino Popular en Pobra de Trives
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 31 / 10 / 12 )





O I Encontro de Violino Popular é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Courtier convirte a Terra de Trives no epicentro do violino popular.

.
Mais quen era Courtier? E por qué imos a Trives?

O violino tal e como o ceñecemos conformouse fundamentalmente en Italia entre os séculos XVI e XVIII. Foi un instrumento imprescindíbel na música académica e relixiosa de toda Europa. Desde este ámbito comezou a penetrar na música de rúa nos cegos dependentes do señorio da Igrexa, das clases acomodadas chegou ao pobo e o seu uso civil medrou. A familia Courtier constitúe un exemplo desta evolución.

A vida musical dos máis salientables profesionais da familia Courtier desenvolveuse durante o século XIX ata principios do XX: Juan Courtier (no eido eclesiástico), José Courtier (mestre do grande violinista Sarasate), Hilario Courtier (na música militar) e Ricardo Courtier, que inspira este Encontro, son nomes destacados no panorama musical da época.

Se ben Ricardo se especializou en piano, aprendeu de seu pai a significación do violino e no seu traballo compositivo cristalízanse a estética e o repertorio das fontes familiares. O seu traballo como músico levouno a Coruña, Barcelona, Cádiz... mais foi en Trives donde o seu nome iría unido á historia da música popular galega. Fíxose cargo da banda de música, do orfeón local e do emblemático cuarteto OS TRINTAS DE TRIVES, grupo primordial no postmodernismo da música popular en Galiza, de inspiración permanente para as actuais xeracións de interpretes e creadores da chamada música tradicional e folque.

Trives será o ponto de luz e de peregrinaxe durante esta fin de semana. Concertos, curso, palestras e e sobre todo convivio e diversión serán os ingredientes clave para esta cita que constitúe unha posta en valor da música destas terras para xente de todas as xeracións. Actividades para se comer cun cartel feito empanada violinística por un dos artistas da vangarda plástica galega: Misha Bies Golas.


- aCentral Folque -


NOVAS RELACIONADAS:



O VIOLINO DE COURTIER
http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=2347:o-violino-de-courtier&catid=17:cursos&Itemid=18


A Pobra de Trives acolle o I Encontro de violino popular, os vindeiros 9, 10 e 11 de novembro; un programa de actividades varias ao redor deste instrumento e a súa versión máis popular: divulgación, práctica, convivio, concertos, conferencia,...

O I Encontro de Violino Popular é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Courtier convirte a Terra de Trives no epicentro do violino popular.

PROGRAMA:

Venres 9 novembro
Sesión didáctica “O Violino de Courtier” / 10:00 Centros Educativos

Concerto de TALABARTE / 20:30 Casa da Cultura

Sábado 10 novembro
Foro Courtier / 19:00 Casa da Cultura

“Paisaxes histórico-musicais da Terra Trives” e Concerto Express de COMISA BAL

Domingo 11 novembro
Concerto de PANCHO ÁLVAREZ / 18:30 Casa da Cultura

Sábado 10 -Domingo 11 novembro
Curso intensivo de violino con Pancho Álvarez

Duración: 10 horas

Horarios: sábado 10 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00// domingo 11 de 10:00 a 16:00.

Organiza :aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular





O Violino de Courtier celebrarase entre o 9 e o 11 de novembro | culturagalega.org
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=21615


Co título O Violino de Courtier vaise celebrar en Trives, entre os vindeiros 9 e 11 de novembro, o primeiro encontro dedicado á presenza e a técnica deste instrumento na música tradicional galega. Unha sesión didáctica para centros educativos, un foro de debate e un curso de formación a cargo de Pancho Álvarez compoñen o programa do evento. A cita complétase con tres concertos a cargo de Talabarte, Comisa Bal e o propio Pancho Álvarez.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal