>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Programación de Novembro de 2012 na Casa das Crechas

(ultima actualización: 1 / 11 / 12 )





Mércores 7 ás 22h30
FOLIADA coa Banda das Crechas (1 euro)

Xoves día 8 ás 22h30 – entrada 4€
FARRAPOS DE GHAITA

Farrapos de Ghaita presenta na Casa das Crechas “Pezas de aquí e acolá”, primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez adicado íntegramente ao cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación. Farrapos son: Agustín Sánchez (gaita), Suso Moreira (gaita), Noa Migal (tamboril) e Pablo Pardo (bombo).

www.agustingaiteiro.com
https://www.facebook.com/farraposdeghaita


Martes día 13 ás 22h30 – entrada 4€
2uS

2uS, ou o que é o mesmo, Fernando Abreu e Pablo Carrera, son un grupo de música popular en toda a extensión da etiqueta. Sons da terra concentrados arredor de dous músicos que levan a súa exemplar instrucción diaria en diversas formacións até esta orixinal proposta. Cando se escoitan as súas cancións, 2uS recórdannos que este planeta é tan grande, ou tan pequeno, como sexamos quen de imaxinar.

http://www.youtube.com/watch?v=Sc-5xStD_Sk
http://www.myspace.com/2usdous
http://vimeo.com/19300457


Mércores 14 ás 22h30
FOLIADA coa Banda das Crechas (1 euro)


Martes día 20 ás 22h30 – entrada 4€
MAGHÚA

Maghúa, termo empregado tradicionalmente para denominar un banco de peixe azul, son un grupo de mozos afincados na Coruña interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País. Fuxindo de prexuízos, reivindican o espazo da voz masculina na música tradicional da Galiza. Só voz, pel e madeira para nos facer bailar.

http://maghua.blogspot.com.es/
http://www.youtube.com/watch?v=8r1lTQqnTzU


Martes día 27 ás 22h30 – entrada 5€
3º CANCERTO solidario co Refuxio de Animais de Bando

Paula Carballeira
Quim Farinha, Najla Shami e Héctor Lorenzo
Carlos Blanco
Davide Salvado

O Refuxio de Animais de Bando abre as súas portas no ano 2005 e, desde entón, pasaron polas súas instalacións centos e millares de animais de todo tipo (cans, gatos, porcos, esquíos, ocas). Todos eles tiveron que sufrir a experiencia de sentirse abandonados ou perdidos nalgún momento das súas vidas, algúns mesmo desde o momento do seu nacemento. No voluntariado de Bando estivemos a realizar varias actividades durante os últimos anos, co único fin de dar saída a estes animais e de poder ofrecerlles a mellor das vidas; ademais de achegar á sociedade un problema aínda vixente, como é o abandono e a tenencia irresponsábel dos animais.

www.refuxio.org


Xoves día 29 ás 22h30 – entrada de balde
Chick McAuley e a Banda Sospeitosa



- Casa das Crechas- Farrapos de Ghaita- Agustín Sánchez- 2uS -
- Asociación Cultural Maghúa -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal