>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

V Festival Furtivo Solidario con ADICAM

(ultima actualización: 31 / 10 / 12 )





Toda a recadación das entradas sera doado integramente a ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama). O festival celebrase o sabado 8 decembro nunha carpa cuberta detrás do concello de Cangas





1. ADICAM, MOVEMENTO ASOCIATIVO DE PACIENTES
Gracias ao esforzo dun grupo de mulleres con esta enfermidade ADICAM nace en Cangas no ano 2001 coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que a muller teña unha mellor calidade de vida e benestar e dar a coñecer esta enfermidade á sociedade coa finalidade de eliminar tabúes e enviar unha mensaxe de esperanza.
Desde o 2011, buscando un maior acermento ás mulleres e familias da provincia de Pontevedra que están a pasar por esta situación, empezamos a prestar atención, ademáis do local situado en Cangas de Morrazo, tamén noutro local en Vilagarcía de Arousa (C/ Alejandro Cerecedo nº 8, baixo), o que permite unha maior cercanía na zona do Salnés.
2. ¿QUÉ É ADICAM?.
ADICAM é unha asociación de mulleres afectadas de cancro de mama que xorde en Cangas no ano 2001.
3. ¿QUENES A FORMAMOS?
Mulleres afectadas, familiares, colaboradores e profesionais.
4. OBXECTIVOS.
-Dar apoio emocional, orientación e asesoramiento ás persoas afectadas de tumor mamario e ás súas familias.
-Favorecer unha mellor calidade de vida e de saúde ata desde a enfermidade.
-Promover unha estreita solidariedade entre as mulleres afectadas.
-Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoais.
-Ofrecer información á poboación en xeral sobre o cancro de mama e a importancia da detección precoz.
5. SERVIZOS QUE OFRECEMOS.
-Apoio emocional.
-Atención psicolóxica e social.
-Información e asesoramiento.
-Charlas de educación para a saúde (prevención, nutrición... )
-Charlas sobre aspectos médicos e emocionais do cancro de mama.
-Cursos de relaxación.
-Cursos de prevención do linfedema.
-Actividades lúdicas e de lecer.
6. PRINCIPIOS DA ASOCIACIÓN
-É unha asociación sen ánimo de lucro.
-É unha asociación non gobernamental.
-Realiza apoio social.
-Promove novos servizos, complementarios aos realizados polas institucións públicas.
7. FINS DA ASOCIACIÓN.
Dar apoio emocional, orientación e asesoramiento ás mulleres que recibiron un diagnóstico de tumor mamario ou se atopan en proceso de tratamento médico por causa de enfermidade tumoral mamaria. Favorecer unha estreita solidariedade entre as mulleres mastectomizadas ou en tratamento médico por este tipo de enfermidade. Actuar ante calquera órgano administrativo ou xurisdiccional na defensa dos dereitos sanitarios e persoais lexítimos das súas asociadas, en relación a canto atañe a este tipo de enfermidade e aos seus efectos. Promover ante instancias públicas ou privadas, a adopción dos sistemas e recursos precisos para a rehabilitación dirixida a potenciar a súa capacidade de adaptación ás novas situacións persoais e a alcanzar a mellor calidade de vida e de saúde. Fomentar o desenvolvemento e crecemento persoal das súas asociadas en aspectos culturais, sanitarios, de auto-organización, etc. Crear un grupo de voluntariado, auto-axuda e atención a mulleres recentemente diagnosticadas de tumor mamario. Fomentar o coñecemento social deste tipo de enfermidade mediante actuacións no ámbito da educación para a saúde para paliar o efecto que os tabúes ten sobre a persoa afectada.


- Festival Furtivo- Skarallaos- Ludovaina- Os Tres Trebóns- Terbutalina- Cé Orquestra Pantasma -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal