NOVAS RELACIONADAS:
A localidade de San Miguel de Sarandón prepárase, xa, para vivir unha nova edición do Espazo Activo da Ulla, un proxecto alternativo que encherá de actividades culturais a localidade vedresa os días 27 e 28 de outubro. E entre o abano de actividades unha chama especialmente a atención: o Pasabodeghas, un percorrido por sete adegas nas que non deixa de soar a música mentres o visitante degusta o viño, o pincho ou interésase polas mostras culturais e os xogos que nelas se atopan.
A nova edición do Espazo Activo da Ulla foi presentada polos organizadores, membros da asociación cultural San Campio e o grupo A Requinta da Laxeira, que fixeron un chamamento ás xentes de dentro e fóra de Vedra para que se sumen a esta manifestación cultural moi asentada xa en San Miguel de Sarandón.
|