>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

II CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL DE LUOU
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 30 / 9 / 08 )





Bases para o concurso de cuartetos tradicionais “II Concurso de Música Tradicional”
(Luou – Teo)

1. Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos
unicamente por:
• Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais
e percusións con parche de plástico)
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional,
que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohíbido que os participantes concursen con máis dun grupo.
2. Establécese unha única categoría sen límite de idade.
3. As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor ,
sempre que sexan galegas.
4. O Xurado valorará os seguintes puntos:
• Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e
estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será
inapelable.
5. O Concurso celebrarase o día 19 de Outubro de 2008 no Local
Social de Luou, Teo.
• Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán
seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
• O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes
interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de
5 minutos de duración.
• A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o
Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
• A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12
grupos inscritos.
• A fase final comezará ás 18 horas. Os grupos finalistas interpretarán
dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5,
incluído o tempo entre elas.
• A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo
previo realizado pola organización.
6. A data tope de inscrición será o día 15 de Outubro de 2008.

A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte
dirección postal:
A. C. A Mámoa “Concurso de Música Tradicional” A Igrexa s/n – Luou 15883 – Teo
Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com
As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://www.luou.es/amamoa http://www.myspace.com/acamamoa
7. A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso
aos 20 grupos seleccionados

8. A Organización establece 3 premios:

1º Premio 1.000 e + Agasallo conmemorativo 2º Premio 600 e + Agasallo
conmemorativo 3º Premio 400 e + Agasallo conmemorativo

9. Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo
Xurado, e a súa decisión será inapelable.
10. O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final,
dándose así por rematado o concurso.
11. A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.
Observacións:
Os grupos participantes deberán presentarse no Local Social de Luou 1
hora antes do comezo de cada unha das fases.
A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas
interpretados no concurso.

Contacto:
acamamoa@gmail.com • acamamoa@hotmail.com
http://www.luou.es/amamoa
http://www.myspace.com/acamamoa
Telf.: 609 666 805 (Miguel) • 657 247 504 (Xandre)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal