>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL"
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 24 / 10 / 12 )





A AGG, infórmavos das vindeiras datas da presentación da súa última publicación, "Son do Fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual.
“Son do Fol” será presentado en:

Santiago de Compostela:
Mércores 24 de Outubro no Consello da Cultura Galega - Auditorio. 19.00 horas.

Vigo:
Martes 6 de Novembro no Conservatorio Profesional de Música - Biblioteca. 20.00 horas.

Pontevedra:
Sábado 1 de Decembro no Culturgal – Salón. 12,30 horas.

Xaime Estévez, autor de “Son do Fol” será o encargado de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.

O libro ofrece ao profesorado unha ferramenta que ata agora non existía para achegar aos nenos non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos.

Ten un repertorio moi escollido, con cancións do folclore galego para podelas cantar, e inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical.

A idea pedagóxica orixinal de Xaime Estévez complétase co deseño de Ramón Marín que o fai moi atractivo para os pequenos.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal