>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Presentacións de MARÍA FUMAÇA

(ultima actualizaci�n: 15 / 10 / 12 )





María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sergio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan nun libro-disco, con CD e DVD, no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.



Presentacións de MARÍA FUMAÇA:

18/10/2012. 18:30 h
MARÍA FUMAÇA en Santiago de Compostela
Xoves 18 de Outubro.
Biblioteca Ánxel Casal.


20/10/2012 18:30
MARÍA FUMAÇA en Vigo
Sábado 20 de outubro, ás 18:30 h, na Casa do Libro de Vigo

09/11/2012 18:30
MARÍA FUMAÇA na Coruña
Venres 9 de novembro, ás 18:30 h, na FNAC

02/12/2012
No Auditorio das Pozas en Petelos - Mos.
(02-12-2012)




NOVAS RELACIONADAS:



Chega María Fumaça, un libro disco para os máis novos
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=21567


Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina Teatro ou Carlos Blanco son só algúns dos artistas que colaboran en María Fumaça. Este libro disco, que acaba de publicar Galaxia, aposta pola ledicia e vida fronte aos problemas das discapacidades. Segundo sinala a editora o proxecto "gravita arredor de Ruí, un cativo moi especial para quen os seus amigos músicos quixeron crear este libro-disco-dvd cheo de propostas pegadizas e tonadas marabillosas".
Textos, ilustracións, un CD de audio e un DVD con vídeos con karaoke fan parte deste título, que conta cunha vintena de temas destianados aos máis novos. Boa parte dos contidos de María Fumaça están adaptados a persoas con discapacidades.

A Biblioteca Ánxel Casal de Compostela acolle a primeira presentación do libro disco o vindeiro 18 de outubro. A xira continuará o 20 de outubro na Casa do Libro de Vigo e o 9 de novembro na FNAC da Coruña. A obra está dispoñible na colección Sonárbore a un prezo de 22 euros.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal