O sábado, 6 de outubro, a partir das 21:30 Hs., a Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural, San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), organiza unha nova edición do Serán da Colleita.
Exposición de produtos tradicionais, gastronomía, música e canto comparten espazos, tempo e festa no Centro Cultural e Social da parroquia salcedense.
Procúrase a recuperación de usos e costumes que xa fan parte da historia local. A referencia é un marco temporal (setembro e principios de outubro) no que se desenvolvían os traballos da colleita; principalmente o millo para o pan e a uva para o viño. Na eiras coas esfolladas e nas adegas coas esmagadas, o traballo transformábase en festa, sobre todo para os mais novos; entón empezaba a música e o canto que animaba, tralo solpor, o serán até ben entrada a noite. A Asociación de Veciños convida, a grupos e solistas que queiran compartir un tempo de música e canto, para achegarse a Parderrubias e participar na actividade festiva e tradicional que organiza anualmente esta asociación.
A Xunta Directiva
|