O primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.
Leverelem..das artes da fala Son dúas noites de espectáculos senlleiros na cidade de Pontevedra para reflexionar ludicamente sobre a lingua e a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo.
En positivo e en galego
Máis de 25 artistas galegos con propostas creadas especialmente para este festival que pretende condensar algunhas das tendencias actuais sobre as artes orais e con vocación de manterse no calendario de actividades da capital do Lérez, referente cultural dentro e fóra da Galicia. Programa
venres, 5 de outubro Hora: 21:00 Noite de Radio ao vivo Presentado por Xurxo Souto, con Sés, Trioliro Regueifeiros, DJ, Paulina Ceremuzynska, Novos Diplomáticos, ConVersos, Aula Folque Infantil)
sábado, 6 de outubro Hora: 21:00 Noite de Teatro de variedades