>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Escola de Brincadeira (Compostela)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 27 / 9 / 12 )





OS MESTRES E MESTRAS DA ESCOLA

Pandeireta: Felisa Segade, Marita Giadáns, María Iglesias e Rebeca Ces
Baile: Montse Rivera, Mario Ferreira e Susana Varela
Gaita e Percusión: Marcos Varela e Xoán Porto
Acordeón: Marcos Varela
Indumentaria tradicional: Toño López



Dende 1990, Brincadeira imparte clases de baile, pandeireta e canto, gaita e percusión tradicionais (tambor e bombo). Dende o curso 2005-2006 engadimos na nosa oferta clases de acordeón, e dende o curso 2008-09 impártense tamén clases de indumentaria tradicional.

Tódalas actividades teñen como destinatarias ás persoas de calquera idade que queiran iniciarse ou afondar os seus coñecementos en calquera destas disciplinas. Á escola asisten actualmente máis de 200 persoas.

Unha parte importante do material a partir do que se traballa nas diferentes aulas de Brincadeira é aquel que os directores artísticos das diferentes seccións da asociación recuperan por todo o país. Continuamos deste xeito coa labor de divulgación da nosa tradición que o grupo considera un obxectivo fundamental.


- Brincadeira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal