>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Xornada de Campás e Campaneiros

(ultima actualización: 16 / 9 / 12 )





22 de Setembro na Igrexa Parroquial de Santa María de Lamas, Boqueixón - A Coruña

Os Chichisos organizamos por 5º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL.

Todos os sons serán grabados polo colectivo Escoitar.org, que está a traballar na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE

· O COLECTIVO ESCOITAR.ORG
· VICTOR CURROS REY, CAMPANEIRO DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE LAMAS, BOQUEIXÓN, A CORUÑA.



- Campás e Campaneiros -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal