>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Concertos con sacho e tixola
Fonte / M�is informaci�n




(...)
Tras dez anos investigando e experimentando cos métodos de percusión máis tradicionais e insólitos chegoulle o momento de levar a súa particular música aos escenarios. Enrique García ten un amplo repertorio no que amosa instrumentos do máis orixinal. Abastécese das cociñas de toda a vida, do alpendres e de leiras e así reuniu o seu pequeno tesouro doméstico no que garda pezas tan meritorias como un morteiro feito cunha roda dun carro de hai setenta anos e un caixón de arenques decorado, daqueles que primeiro se usaban para gardar o peixe e logo eran reconvertidos a xeito de tambor. Ten moito máis: un birimbao dos que xa case se extinguiron nas Rías Baixas pero que aínda perdurar como trompas en A Fonsagrada; un charrasco; as ferraduras de cabalo e vaca, tamén chamadas canelo; un fouciño con testo de tarteira; un sacho con ferramenta de canteiro a xeito de baquetas; unhas culleres de madeira de buxo; as tarrañolas e a lexendaria carraca que nos deixou de herdanza a civilización grega. Tamén recorre a elementos máis modernos. Unha vasoira e un cazo e unha leiteira dada a volta tamén lle serven para este fin.
(...)














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal