>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

IV Xornadas de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

(ultima actualización: 13 / 9 / 12 )





Sábado 29 de setembro na casa da Cultura do Concello de San Sadurniño.

Exposición de instrumentos.
Exposición de instrumentos de percusión antigos, propiedade da AFC Berros do Castro e de investigadores etnográficos galegos e artesáns de instrumentos tradicionais. Coa colaboración do obradoiro de Xosé Tuñas.

Obradoiro de introducción aos ritmos galegos impartido por Xosé Lois Romero
Cunha duración de 6 horas, o obradoiro está dirixido a todo tipo de instrumentos de percusión, dándose especial atención á concertación de todos eles e a interpretación en grupo. O curso será eminentemente práctico e traballarase con notación moi sinxela para percusión como complemento á interpretación, o que non esixe ningún tipo de coñecemento teórico previo.

Concertos
A partires das 22h
Suso Vaamonde & Xosé Lois Romero
Cantareiros “Maghúa”
Grupo “Os Feroces da Galgueira”



- Asociación Cultural Maghúa -


NOVAS RELACIONADAS:



Percusión e música en directo na IV Xornada de Música Tradicional de San Sadurniño
http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/49805-b-noticia


Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero, os cantareiros Maghúa e Os Feroces da Galgueira poñen esta noite a música no concerto co que se pecha en San Sadurniño a IV Xornada de Cultura Popular Galega. Será ás oito da tarde, na Casa da Cultura da localidade. A actuación é de entrada libre a calquera persoa interesada, sen que sexa preciso estar inscrito.
Restrinxido ós inscritos é o obradoiro de percusión que imparte Xosé Lois Romero durante todo o día. As quince prazas ofertadas cubríronse. En sesións de mañá e tarde, este músico dará ferramentas para traballar cos ritmos básicos da percusión tradicional galega, así como recursos para combinalas entre si, sempre orientado á interpretación e ó empaste con outros instrumentos.
Unha exposición de instrumentos de percusión antigos, propiedade da asociación Berros do Castro, de investigadores etnográficos e de artesáns completa o programa desta xornada.
A proposta está organizada pola asociación folclórica e cultural Berros do Castro, coa colaboración do Concello de San Sadurniño e o apoio da Cooperativa de Meirás, a Deputación da Coruña, a Xunta, Os Feroces da Galgueira e o obradoiro de Xosé Tuñas, que colabora coa mostra.
O obxectivo da Xornada, desde a súa primeira edición, en 2009, é o de “promocionar, dinamizar e poñer en valor a cultura popular galega”, explican os organizadores. Manolo Varela, responsable de Cultura do Concello de San Sadurniño, subliñou o “interese dos contidos e a calidade tanto do docente do obradoiro como dos grupos que actuarán á noitiña”.















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal