>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

O Proxecto Florencio en Lugo - Última oportunidade pra ver a orquestra dirixida por Germán Díaz
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 4 / 9 / 12 )





aCentral Folque, co apoio da Deputación de Lugo e do Concello da Fonsagrada leva desenvolvendo desde novembro de 2011 PROXECTO FLORENCIO, unha proposta educativa para músicos de toda Galiza centrada no repertorio de Florencio dos Vilares: violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego. O espectáculo resultante foi estreado en A Fonsagrada no mes de xullo. Este xoves 6 de setembro ás 20:30 será presentado no Museo Provincial de Lugo, baixo a dirección musical do zanfonista Germán Díaz e coa presentación de Celso Sanmartín.

O Museo Provincial de Lugo acolle a presentación Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes, unha proposta artística vangardista que homenaxea a unha figura patrimonial de grande importancia e nado na comarca da Fonsagrada. No espectáculo participan 14 músicos de toda Galiza que levan traballando meses en torno a Florencio, O Cego dos Vilares. Durante as sesións de traballo ao longo do curso tamén estiveron presentes profesionais de diferentes disciplinas que achegaron coñecementos teóricos sobre diferentes aspectos do repertorio de Florencio: Dorothe Schubarth (musicóloga e autora do Cancioneiro Popular Galego), Pancho Álvarez e Gutier Álvarez (violinistas), Ramom Pinheiro (historiador), Sergio de la Ossa (musicólogo especilista en análise musical).
A labor de arranxo e direción da orquestra creada para o proxecto foi levada a cabo por Germán Díaz, zanfonista de recoñecemento internacional. A súa particular visión outorga ao espectáculo unha estética diferente que enlaza a Florencio coas tendencias musicais mais actuais. O espectáculo tamén contará coa participación do narrador Celso Sanmartín, quen conducirá a velada a través de historias que trasladarán ao público á realidade de Florencio e poñerán a nota de humor.
Paralelamente ao proceso de traballo cara a elaboración do espectáculo, dentro Proxecto Florencio leváronse a cabo outras actividades como obradoiros divulgativos nos centros educativos da Fonsagrada sobre a figura do Cego dos Vilares ou ensaios abertos ao público no salón de actos municipal da mesma vila.

Florencio dos Vilares.
Florencio dos Vilares faleceu no ano 1986, mais na Fonsagrada é recordado por grande parte da poboación. Romances cantados por el coa axuda do seu violín, como A Filla de Bartolo ou O Testamento do Gato forman parte da memoria colectiva de grande parte da comarca. Florencio cantaba nas festas, feiras, onde houbera un grupo de xente a quen entreter coa súa música e os seus contos.
O Cego dos Vilares non é un caso illado. Ata mediados dos século XX era frecuente en toda Europa que as persoas invidentes se dedicasen a levar a súa música polas festas e mercados como medio de subsistencia. Os instrumentos cos adoitaban acompañar o canto máis frecuentemente eran zanfonas, violíns ou instrumentos de corda pulsada. Normalmente ían acompañados dunha persoa que os guiaba, en moitas ocasións un rapaz de curta idade, quen acompañaba con algún instrumento de percusión ou se dedicaba a vender os pregos de papel que gardaban escritas as letras dos chamados Romances de Cego.
Florencio está considerado o último cego músico ambulante que se dedicou á labor de transimisión da tradición oral. Foi gravado e estudado por persoas como Dorothe Schubarth, Antón Santamarina ou Mini e Mero. Sen dúbida Florencio é unha figura enormemente importante no patrimonio musical galego, desde o punto de vista histórico e musicolóxico.


- Florencio- Germán Díaz -
- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal