Desde o luns 3 de setembro podes reservar a túa praza na Escola Livre da MPG. As aulas comezan o día 15 de Outubro. Teñen lugar os luns durante todo o día (con posibilidade de escoller horario adaptado as necesidades de cada alumno) nos Centros Socioculturais de A Trisca e Castiñeiriño en Santiago de Compostela. Podes reservar a túa praza a través da nosa web ou do correo electrónico matricula@folque.com. Nos vindeiros días iremos achegando máis detalles sobre pagamento e prazos. Para ter unha orientación, podes ver a información do curso pasado aquí
As especialidades que impartimos son as mesmas que os anos anteriores: Zanfona. Profesor: Óscar Fernández Acordeón diatónico. Profesor: Pedro Pascual Violino. Profesor: Gutier Álvarez Percusión. Profesor: Francisco Estévez “Chuco” Requinta. Profesor: Roberto Sala Canto. Profesorado: Paulina Ceremuzinska, Davide Salvado e Ugia Pedreira Gaita. Profesor: Edelmiro Fernández