>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h

(ultima actualización: 24 / 9 / 08 )



 

Nos tempos máis escuros da nosa cultura e da nosa música tradicional, no noso país non abundaban os grupos de gaitas, non sendo doado atopar máis alá dun puñado desas formacións, fundamentais na conservación e transmisión do patrimonio musical do noso pobo.


Había unha vila en Galiza, na que a mediados do século pasado, seguia mantendo viva a nosa música . Así, Os Riveiros”, “Brisas do rio Ulla, “Os Areeiras” e logo máis tarde “Faíscas do Xiabre” fixeron que Catoira fose o pobo de Galiza no que había máis cuartetos de gaita. Foi a nosa vila unha importante “Fonte Gaiteira” do noso país.
Eran tempos aqueles nos que, froito do autoodio, do complexo de inferioridade que se fomentaban desde o poder, o gaiteiro e a súa música era considerada por moita xente música de aldeanos e paletos.
Afortunadamente a situación mudou e hoxe, tanto a nosa música tradicional, como a figura emblemática que a representa “o gaiteiro” gozan do recoñecemento da maioría do pobo. Pódese dicer, que estamos a vivir un explendor da nosa música. Semella que as distintas fontes gaiteiras ao longo do noso país tiñan un bo caudal, para que as novas xeracións bebesen deses ricos manantiais, fructificando e ampliando ese rico patrimonio herdado dos nosos devanceiros.
Esta reflexión ven a conto, porque en Catoira, no corazón do pobo, temos un fermoso parque que se chama “Fonte Gaiteira”, no que no seu dia tocaron os lexendarios Gaiteros de Soutelo. Atopándose ao carón da Fonte Gaiteira un prado, un muiño de auga e unha ponte romanica protexida por patrimonio. O concello en vez de darlle a todo esto un tratamento global, ampliando o parque, pretende enche‐lo de formigón para construir un macroedificio.
Diante desa pretendida desfeita, unha parte importante do pobo de Catoira reaccionou e ten convocada unha concentración na Fonte Gaiteira, o vindeiro domingo 28 de Setembro ás 12 horas.
A música tradicional dun país, ven a ser a banda sonora coa que se identifica ese pobo. Na creación desa banda sonora ten unha influenza fundamental a paisaxe e o medio no que vivimos. Por eso as persoas vinculadas á nosa música tradicional, somos especialmente sensibles coas agresións ao medio ambiente.
Catoira aportou moito a ese manantial da música tradicional que antes citaba, a traveso da nosa Fonte Gaiteira, da que moitos seguimos bebendo.
Para protexer o noso patrimonio artístico, paisaxístico, medioambiental, é polo que vos fago un chamamento a todos os gaiteiros do país, a que acudades o vindeiro Domingo á concentración que imos celebrar ás 12 da mañá no devandito parque. Pretendemos facer unha grande concentración de gaiteiros. Traer os vosos instrumentos para demostrar que os gaiteiros galegos queremos defender a Fonte Gaiteira.
Logo convidámosvos a xantar no parque.

Salvemos a Fonte Gaiteira.



Nando Casal‐ gaiteiro

 

 

MANIFESTO DA PLATAFORMA SALVEMOS A FONTE GAITEIRA

Diante da aberración que pretende facer o concello de Catoira na Fonte Gaiteira, onde quere construir un macroedificio, para abergar unha nova casa do concello e un auditoriomultiusos, son moitos os veciños e veciñas da nosa vila, que discrepan da ubicación desa obra
e da necesidade de construir unha nova casa do concello. Por esta razón, o pasado domingo 14
de setembro, reunironse nese parque máis de cen persoas en asamblea aberta, na que se
acordou formar unha Plataforma Cívica para conseguir salvar a Fonte Gaiteira. Un parque que
debemos preservar e ampliar para disfrute xeral da cidadanía.
Na devandita asamblea, atopábanse tamén representantes de diversas asociacións
como Adega, que é a organización ecoloxista máis importante de Galicia, Asociación de
Gaiteiros Galegos, Ateneo Vikingo, a asociación de mulleres rurais “Ascuas”, sociedade de San
Antonio de Padua etc.
A nosa vila, non pode perder a posibilidade de ter no centro do pobo un parque, que
pola súa amplitude, daria aos veciños e veciñas das catro parroquias de Catoira diversos
servizos, parque infantíl, zonas de lecer, lugar de concertos no verán ao aire libre etc.. Sería un
auténtico despropósito, renunciar a ter ese gran parque, para construir unha nova casa do
concello que ninguén demanda e tendo espazos de sobra para ubicar o auditorio‐multiusos.
Ao carón desa parcela, formando todo un conxunto homoxeneo, harmónico, atópanse
un muiño e outros bens protexidos por patrimonio, ao estar catalogados como ben de interese
cultural, a ponte, a igrexa etc. O lóxico é darlle a todo esto un tratamento global integrando
todo nun gran parque.
En Catoira temos unha serie de valores que nos distinguen e nos dan unha
personalidade propia como pobo, os muiños de vento, de auga, de marea, as Torres de Oeste
etc... Cunha pequena inversión, teriamos no centro do pobo outro valor que nos distinguiria e
seria outro simbolo de identificación da nosa vila, o parque da Fonte Gaiteira. Renunciar a esto
para facer un edificio, é converternos nunha vila estándar, sen personalidade, é renunciar a ir
sumando valores e simbolos, que son os que fan atractivo a un pobo.
Esas son as razóns polas que se crea a Plataforma “Salvemos a Fonte Gaiteira”
Tendo coma reivindicacións principais as seguintes:
CONSTRUIR O AUDITORIO‐MULTIUSOS NOUTRO LUGAR
DEIXAR A CASA DO CONCELLO ONDE SE ATOPA AGORA, PROCEDENDO A
UN ARRANXO DO ENGADÍDO QUE SE LLE FIXO Á VELLA CASA CONSISTORIAL.
CONVERTER TODA A PARCELA DA FONTE GAITEIRA NUN PARQUE.
‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐‐
DOMINGO 28 DE SETEMBRO, CONCENTRACIÓN NA FONTE GAITEIRA ÁS 12 DA MAÑÁ.
SALVEMOS A FONTE GAITEIRA.
PLATAFORMA “SALVEMOS A FONTE GAITEIRA"
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


 

:: Concentración contra a sentenza do Prestige ::

:: Domingo 6 de outubro as 12:00 na Alameda de Santiago: “Por unha Galiza sen lumes, por un rural con futuro” ::

:: Por un uso social do faro de Oza - Acto reivindicativo/festivo ::

:: Manifestación en Compostela contra a Minarí­a Destrutiva na Galiza ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Intifada Cultural - Denuncia da Detención Ilegal do palestino Nabil Al-Raee ::

:: MARCHA MONTE PINDO - Pola declaración de Parque Natural ::

:: 2 de Abril, Concentración polas Fragas do Eume ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: Festa de Galiza Non Se Vende na Taberna do Salgheirón ::

:: V Marcha a pé en Ferrol - Mugardos. “Planta de gas fora da ría” ::

:: Festival da Memoria Histórica en Aranga (A Coruña) ::

:: Mobilización expansiva en defensa da nosa lingua ::

:: Domingo 8 de Maio: Manifestación en Concerto de GALIZA NON SE VENDE ::

:: O GALEGO É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO - ACTO NACIONAL POLA LINGUA - Queremos Galego ::

:: Hoxe celébrase o espectáculo "Tatatachán!" en beneficio da protectora de animais O Jaticán ::

:: 10 de Novembro en Vigo: Día adicado aos ODM no FESTIVAL CURTOPÍA ::

:: Xeiras sobre a Lingua Galega ::

:: Tributo a José Afonso en Cangas ::

:: Festival Libérate contra a Violencia de Xénero na Coruña ::

:: Universidade de Vigo - Os Comités inician unha nova campaña en defensa do galego ::

:: 18 de Outubro, Manifestación en Santiago de Compostela: QUEREMOS GALEGO ::

:: Seminario de Autodefensa Linguistica ::

:: Concerto solidario no Monte Carrasco ::

:: 1º Concurso de CUTREMETRAXES de Freixo ::

:: XXIII FESTIVAL DA POESIA DO CONDADO ::

:: III Marcha a pé a Mugardos ::

:: Coanhadeira presenta o seu novo CD: `Haique´ ::

:: ROMARÍA REIVINDICATIVA EN REDONDELA (Autovía de Redondela, NON GRAZAS) ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: II Concurso de Fotografía Antiga - Rebulir ::

:: Galiza Non Se Vende » Defensa do Parque Rosalía ::

:: 2ª Cadea Humana - Por un albergue público XA! ::

:: O 17 de Maio. Todos en Compostela. ::

:: III Edición da Feira da solidaridade e diversidade - PANXEA | do 6 ao 17 de Abril en Carballo ::

:: Acto ridiculista no día mundial do teatro ::

:: PROGRAMA VIII XORNADAS BLANCO FREIJEIRO ::

:: A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego ::

:: Escoitar.org invitado ao foro mundial de ecoloxía acústica. Mexico 2009 ::

:: Manifestación nacional de Galiza Non se Vende en Compostela ::

:: Caravana Concerto de Galiza Non se Vende en Corrubedo - 4 de Febreiro ::

:: Vigo, 18 de Febreiro: CADEA HUMANA A FAVOR DAS PERSONAS SEN FOGAR ::

:: Ourense, Corrubedo e Compostela 5º, 6º e último concertos da caravana GNSV ::

:: Ghastas Camino? Google Translate incorpora o galego en fase de probas ::

:: FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal ::

:: 3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: A Caravana Galiza Non Se Vende no LSO Casa das Atochas ::

:: Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega. 15, 16 e 17 de xaneiro na Coruña ::

:: Uns Premios Xarmenta moi musicais ::

:: Badaladas en escoitar.org ::

:: PRIMEIRO CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE ::

:: EXPOSICIÓN OS TEMPOS DE ANTES.FOTOGRAFÍAS ANTIGAS DE RAMIRÁS ::

:: Implicate 08, Noite de música e palabra solidaria. 14 de Nadal en Compostela ::

:: XX Aniversario Amnistía Internacional en A Coruña, o 10 de nadal ::

:: 10 Decembro: Solidaridade con Cuba ::

:: III MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO, do 31 de Outubro ao 6 de novembro no Museo do Pobo Galego ::

:: II ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO. 8-9 de novembro no CEIDA ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Chámate con xeito ::

:: A Ría non se vende - Concerto 18 de Outubro ::

:: Salvemos Fonte Gaiteira - concentración o domingo 28 de Setembro ás 12h ::

:: Festival contra o Alzheimer o 13 de Setembro en Salceda de Caselas ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: II FESTIVAL SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI ::

:: IX Mostra de Teatro Universitario de Galiza ::

:: O V Festival de Cans ::

:: I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA ::

:: A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego ::

:: Novo obxectivo da Ciberirmandade da Fala: Aqualia ::

 

 




 

Voltar á páxina principal