>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



EUCLYDES MATTOS TRÍO, o 26 de Setembro na Coruña
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 24 / 9 / 08 )



Euclydes Mattos, voz, guitarra
Jorge Sarraute, contrabaixo
Daniel Levy, batería.



EUCLYDES MATTOS ( Santos-Sao Paulo), guitarrista e compositor, radicado en Barcelona dende hai unha década, é unha das referenzas da Música Brasileira en Europa.

Músico popular por tradición familiar e con formación clásica polos seus estudos académicos no conservatorio Heitor Vilha-Lobos de Santos.

Dende moi novo enceta a súa carreira musical. Trasládase a São Paulo e actúa durante 4 anos no Boca da Noite, histórico bar da noite paulistana dos anos 80. Grava e actúa, entre outros, con Vania Bastos, Eduardo Gudín, Ana de Hollanda e, especialmente, con o gran compositor Zé Ketty có que trabalha durante dous anos.

En 1992 viaxa a Barcelona convidado polo Consulado Gêral de Brasil desa cidade, dirixindo o proxecto “Uma viagem a través da música popular brasileira” que presenta en varias ciudades cataláns e españolas.

Actualmente reside en Barcelona dende onde proxecta unha intensa carreira profesional actuando nos locais máis prestixiosos, clubes de jazz, centros culturais, teatros e festivais: “Festival de Músicas del Mundo” (Navarra), “VII Festival de Música de Rabat” e “XXIII Festival Internacional de Asilhat” (Marrocos) ou o “X Festival de Guitarra de Barcelona”, entre outros.Na Galiza e con esta formación, ten actuado no Festigal-2007 ( Santiago) e no Iº Encontro na Lusofonia, Cangas-2008.

E. Matos é un excelente guitarrista, de voz suxestiva e versátil, o que unido á súa experiencia, lle permite ofrecer un repertorio variado e sobranceiro da música brasileira, tanto vocal como instrumental, a comezar pelas súas proprias composicións até recrear as de autores como Pixinguinha, Caetano, Toquinho, Baden Powell ,Vinicius, Vilha-Lobos … e abordar os variados estilos de música brasileira como o samba, chorinho, bossa, baiao e outros.

Ten 6 CDs gravados, sendo os seus últimos CDs “Poeta Aprendiz” e “Azul”.

Ten compartido palco con Baden Powell, Hermeto Paschoal, Zé Ketti,…

Próxima actuación en Galiza: Ciclo de Música ”Son de Noite”, organizado pola Concellería de Cultura.

Praza da Bárbaras,Día 26 ás 21 h. A Coruña.

(Praza das Bárbaras,fica Cidade Vella)

JORGE SARRAUTE,(Argentina),no contrabaixo, é un coñecido do público galego;co-fundador do Taller de Musics de Jazz de Barcelona, ten actuado en Festivais de Jazz de Vigo con Mario Lecaros e Peter Delphinich e acompañoua cantores como Carlos Cano, Mª del Mar Bonet, Ovidi Montllor, Marina Rossell e recentemente ven de facer unha xira pola Arxentina e Europa co seu ex-grupo arxentino, o prestixioso Cuarteto Cedrón.

DANIEL LEVY (Montevideo -Uruguai). Batería. Formou parte de diferentes formacións de jazz, latin jazz, música brasileña...Reside en Barcelona e dende o 1976 ten traballado a carón de nomes como Miguel Rios, Max Sunyé, Joam Bibiloni, Riki Sabatés, Sergio Makarof,… e grupos como "ExpressJazz Quartet", "Samambaia", "Sabor Latino", "F.M. Clan", "InspectorTupence", "Saravah","Mickel Grossman Trio",etc. Actualmente con E.Mattos-J. Sarraute.














COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal