>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival Feito a Man 2012 (Compostela)

(ultima actualización: 8 / 8 / 12 )





• LUNS 6. RÚAS TRAS DE SALOMÉ. PUB A REIXA. 20.15H
WOLRUS- DE NASHVILLE A LIVERPOOL PASANDO POR SAN FRANCISCO.
Operan como un deses versos libres que crean baixo os seus propios ditados. Son da Coruña, formáronse en 2008 e neles conflúen influencias clásicas da música inglesa e americana que abranguen ata sesenta anos de historia


• LUNS 6. PRAZA DE FEIXOO. MODUS VIVENDI. 22.15
PASCUALA ILABACA- COMPOSITORA, CANTANTE E ACORDEONISTA CHILENA, ACOMPAÑADA DA SÚA BANDA FAUNA E FERNANDO FIGUEROA COMO CONVIDADO.
Nova promesa de música chilena e latinoamericana Desde Valparaiso de Chie chega a cantante acordeonista e compositora Pascuala Ilabaca xunto á súa banda Fauna. Presentan o seu ultimo disco “Buscando Paraiso” con Fernando Figueroa como convidado




• MARTES 7. PRAZA DA FONTE SECA. BABEL. 20.15
MÓNICA DE NUT VOZ SOA – VOZ EN DIFERENTES REXISTROS CON EFECTOS ELECTRÓNICOS
Mónica de nut coa voz e Virxilio da Silva coa guitarra reinterpretan o primeiro disco da cantante “Mónica de nut trío”enmarcado no jazz contemporáneo.


• MARTES 7. SAN PAIO DE ANTEALTARES. BORRIQUITA DE BELÉM. 22.15
MARCOS TEIRA- CLÁSICOS MUSICAIS ADAPTADOS A RITMOS FLAMENCOS E JAZZ
O trio utiliza os ritmos flamencos e a liberdade do jazz para adaptar e reubicar clásicos nunha paisaxe nova e suxerente… Apostan pola escolla escrupulosa do repertorio para adaptalo á premisa dos paus flamencos, asi como nos arranxos que personalizan coa idea de coverter as composicións en pezas novas para o ouvinte.


• MARTES 7. VIRXE DA CERCA. 23.00H
RICARDO PARADA – CANTAUTOR. VIAXE NTRE VERSIÓNS E COMPOSICIÓN PROPIAS.
Ricardo Parada, emblemático e recoñecido cantautor de consolidada traxectoria nas noites de Compostela. Nos seus concertos propón unha viaxe entre versións e composicións propias, que nos transmiten a poesía da palabra cantada e a musicalidade que extrae das cordas da súa guitarra.




• MÉRCORES 8. VÍA SACRA. CRECHAS. 20.15
DOA- MÚSICA POPULAR E MEDIEVAL DE GALICIA.
Doa xorde na Coruña en 1978, o seu estilo ten como base a música popular e medieval galegas, incluíndo de cando en vez, composicións propias. Doa utiliza modos de expresión contemporáneos; a improvisación como forma de traballo e a mestura de instrumentos populares (gaitas, zanfoñas etc) con tecnoloxías de últimaxeración (midis, intrumentación electrónica etc).


• MÉRCORES 8. NOITES EN CERVANTES. SONS DA CIDADE VELLA.
FRAN PÉREZ. NARF
De novo Fran Pérez NARF parte rumbo ás costas do océano Indico na procura de aventuras musicais. Destino Mozambique tocando e compoñendo novas cancións na compañía de artistas mozambicanos. Será por tanto un concerto especial de despedida e de bos auspicios que compartirá co percusionista Paulo Silva como convidado.
PASCUALA ILABACA- COMPOSITORA, CANTANTE E ACORDEONISTA CHILENA, ACOMPAÑADA DA SÚA BANDA FAUNA E FERNANDO FIGUEROA COMO CONVIDADO.
Nova promesa de música chilena e latinoamericana Desde Valparaiso de Chie chega a cantante acordeonista e compositora Pascuala Ilabaca xunto á súa banda Fauna. Presentan o seu ultimo disco “Buscando Paraiso” con Fernando Figueroa como convidado




• XOVES 9. RÚA DAS RODAS. FRAGGLE ROCK. 20.15H
D.J. MILL E PABLIC
Formación compostelá que mesturan o
hip hop con diferentes estilos como
reggae, funky…nunha aposta de calidade
rompedora e sorprendente. Galicia


• XOVES 9. RÚA TRAS SAN FIZ DE SOLOVIO. EMBORA. 22.15
CHÍCHARO PSICÓTICO
Chicharo Psicótico formado no 2003 en Ordes con xente doutras bandas como Nanh.gintonics, Presencia 0,etc. O cuarteto formado por Guilho (voz),Santonic (voz e guitarra ),Prego (bateria) e Suite ( voz e baixo) , editou o pasado ano o seu último disco ULTIMO ESFORÇO que presentan en Feito A Man 2012




• VENRES 10. VIRXE DA CERCA. PUB MOMO. 21.00H.
PICAVERSOS SURREALISTAS
O equipo de Picaversos, co gallo do centenario
do nacemento do artista Eugenio Granell organiza
especialmente para o Feito a Man, dous
Picaversos Surrealistas, que veñen a unirse
aos actos conmemorativos que se están a celebrar arredor
da figura do pintor. Contarán coa actuación de Sin Red


• VENRES 10. ZONA C. BONAVAL. 21.00H
DR. GRINGO + SESIÓN Dj de NANO VINILO & JAVI AMOSA + Vj Vhs
DR. GRINGO -Trío Compostelán fundado no 2008 e formado actualmente por Martín Gringo: guitarra e voz, Héctor Gringo: contrabaixo e coros e Lolo Gringo: batería Practican Rock’n’Roll sen concesións e con claras influenzas Rockabilly. Potente directo


- Monica de Nut- Grupo Doa- Narf- Chícharo Psicótico- -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova




- ModusVivendi- Crechas -






Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal