>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Mar Maior de Luar Na Lubre: 13 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español

(ultima actualización: 28 / 8 / 12 )





Según certifica Media Control GFK International para Promusicae o disco Mar Maior, de Luar Na Lubre, leva xa 13 semanas consecutivas presente na listaxe dos 100 discos máis vendidos do Estado Español


Media Control GfK International publica cada semana a clasificación dos cien discos más vendidos no Estado Español (incluíndo discos estranxeiros). Mar Maior, o novo traballo discográfico de Luar Na Lubre que saíu á venda o 5 de xuño do presente ano, entrou nesta lista o 13 de Xuño, no posto 31, e nela continúa a día de hoxe, como único disco de música folk.

Neste novo traballo de Luar Na Lubre a música medieval ten un importante protagonismo, maiormente a galaico portuguesa, aínda que tamén están presentes as músicas tradicionais galegas e atlánticas así como as composicións propias que axudan a elaborar unha banda sonora inspirada no “Leabhar Ghabhala Eireann” ou “Libro das invasións de Irlanda” transcrito por monxes irlandeses e recollido da tradición oral no século XII, sendo un libro de referencia da súa historia e que coincide coa época de máximo esplendor da lírica galaico-portuguesa. Unha ligazón atlántica apaixonante que percorrerá os vellos lazos de unión de Galicia coa verde Irlanda e con outras culturas do noso entorno inmediato, grazas de novo á música.

O disco conta coas colaboracións de Roi Casal, Nani García, Maria Xosé Silvar "Ses", Carmen Rey, Verónica Ferreiro, Ángeles Dorrio, Quinteto Cimarrón, Miguel Queixas, Rubén Montes, Miguel Cabana, Daniel Canosa, Alfonso Deus, Pablo Raso, Roberto García, Sergio Fernández e Sergio Delgado.
Ademáis, Isidro Cea encargouse da fotografía e os deseños do libreto foron elaborados por Estefanía Domínguez Cagigao, artista plástica, quen fora tamén a encargada do deseño do album anterior.












- Luar Na Lubre -


NOVAS RELACIONADAS:



Presentación do novo disco de Luar na Lubre a favor do Monte Pindo
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/11565.html


Un dos maiores embaixadores do Monte Pindo no mundo, o conxunto galego Luar na Lubre, baixo a batuta do mestre Bieito Romero, segue a demostrar o seu compromiso decidido para que o Olimpo Celta acade dunha vez a súa protección e desenvolvemento substentábel coa figura de Parque Natural que miles de cidadáns e centos de colectivos reivindicamos.

Este compromiso demostrouse reiteradamente en practicamente todas as manifestacións públicas de esta formación mundialmente coñecida demúsica celta desde Galicia: en entrevistas, concertos e mesmo coa inclusión dunha fermosa peza chamada "Monte Pindo" no seu anterior disco "Solsticio"; mais agora esta adhesión decidida vai moitísimo máis lonxe con ocasión da presentación en sociedade do álbum "Mar Maior". E é que, nin máis nin menos, Luar na Lubre pretende converter ese esperado momento nun auténtico acto benéfico a favor do Monte Pindo.

O evento "Luar Na Lubre en concerto presentando Mar Maior" terá lugar a partir das 20:30 horas do venres 14 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e vai doar o 5% da súa recadación á Asociación Monte Pindo Parque Natural. As entradas custan 18 euros e están xa á venta enNovagaliciabanco.com.

Desde a Asociación amósanse emocionados por este enorme acto de xenerosidade e compromiso a favor dun monte emblemático e da natureza galega no seu conxunto, e queren recoñecer e agradecer publicamente a Bieito Romero e ao conxunto dos integrantes de Luar na Lubre non só o seu apoio constante, senón que sempre teñan unha lembranza para este humilde colectivo no seu periplo mundial ata se converteren por méritos propios nun dos maiores piares nos que se asenta a demanda cidadá a favor do Parque Natural.

Convidamos a todos os galegos e as galegas a que anoten na súa axenda o 14 de decembro, pois sen dúbida ese será un día histórico para o Monte Pindo que todos tanto amamos e quixéramos ver máis protexido e desenvolvido cada día para o benestar tamén dos habitantes da contorna.






Luar na Lubre publicará en xuño o seu disco 'Mar Maior'
http://www.dioivo.eu/portada/357-luar-na-lubre-publicara-en-xuno-o-seu-novo-disco-mar-maior




FOTO: Maximilian Ferreiro

Mar Maior. Ese será o título do novo disco do grupo Luar na Lubre, que xa está botando horas no estudio da gravación para poder lanzalo ás tendas en xuño. Tratarase dun álbum de longa duración, cunhas 15 cancións e no que se estreará a nova voz da banda: Paula Rey. O disco continuará a senda aberta polo anterior traballo do grupo, Solsticio, no que se musicou un feixe de cantigas da lírica galego portuguesa. "Este será un álbum que, en parte, está inspirado na lírica galego-portuguesa, un camiño que xa exploramos con Solsticio, pero non o entendemos como unha segunda parte do traballo anterior. Hai unha continuidade, iso si; pero son discos diferentes, con sonoridades distintas.", sinala Bieito Romero, membro do histórico conxunto musical.


O novo traballo discográfico de Luar na Lubre, ademais de beber da lírica medieval galego-portuguesa, tamén furará na tradición e na historia de Irlanda. "O álbum tamén estará inspirado no Leabhar Ghabhála, o libro das invasións, que é da mesma época das cantigas galego-porutugesas. É un texto mítico no que se fala da chegada dos galegos a Irlanda, no que aparecen elementos e cidades galegas como Brigantia. É un disco que conecta Galicia con Irlanda. O Mar Maior do que se falou en tantas ocasións, o Atlántico, é o que une a estes dous pobos irmáns", explica Romero, que adianta tamén que o grupo musicará tamén ao mítico bardo Amergin.


Mar Maior atópase en fase de gravación. Os músicos andan a traballar co obxectivo de entregarlle á discográfica os temas definitivos a comezos de maio para lanzalo ao mercado xa en xuño. Luar na Lubre está a compaxinar estes días os ensaios coa gravación dunha serie de temas que serán totalmente inéditos para o público. "Son cancións que aínda non interpretamos ante o público. Normalmente, as cancións doutros discos xa as tocábamos nos concertos antes de gravalas. Pero neste caso, non é así. Serán totalmente novas para o público", sinala Bieito Romero, que recoñece que o repertorio "aínda non está pechado", pero que seguramente contará "cunhas quince cancións e unha hora de duración".


"PROXECCIÓN EXTERIOR"


Luar na Lubre xa ten pechadas unha serie de actuacións no Círculo de Belas Artes de Madrid para presentar o seu Mar Maior. A intención do grupo pasa por compaxinar actuacións en Galicia con outras fóra dela durante a xira de presentación para buscar unha maior presenza tamén no exterior nestes tempos de crise. Unha crise que, para Bieito Romero, estase a empregar como escusa nos recortes, sobre todo no eido cultural. "Estamos nun momento de rebaixas, nun tempo no que as orquestras nunca van faltar, pero si pode chegar a desaparecer unha música como a nosa. Vivimos un momento de recortes xusto cando se están a enterrar os cartos no mausoleo do Gaiás", lamenta Bieito.


Por outra banda, Luar na Lubre iniciará unha nova etapa con este álbum. Trala marcha de Sara Vidal, a voz do grupo correrá a cargo de Paula Rey, que se está a adaptar ao xeito de traballo da formación. "Creo que vai ser unha gran sorpresa no mundo do folk. Paula Rey é unha rapaza que procede da música clásica e todo o que está a facer agora resúltalle novo. É moi ecléctica e considero que é a mellor voz, dende un punto de vista técnico, que pasou por Luar na Lubre", sentencia Romero.


















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: Fuxan os Ventos: Lúa de Prata ::

:: Presentación do libro-cd "Fí­os do querer" ::

:: Tradicionalmente, de Carlos Estévez ::

:: Conví­rtete en Mecenas do disco Elelelos: Músicas de tradición oral do Concello de Bueu ::

:: O disco de CAXADE está-se cozendo ::

:: Xa está á venda o libro sobre Germán V. Soneira ::

:: Ponte... nas ondas! compila o seu traballo nun libro-CD-DVD ::

:: Cantocha de mala ghana - Adianto do novo disco de Mónica de Nut: DOS FIOS INVISIBLES CHEGAN AS CORES ::

:: A Orquestra Folk SondeSeu grava na ETRAD o seu 4º álbum discográfico. ::

:: Som do Galpom - A piques de estourar ::

:: “CO XENIO DESTROZADO”, novo álbum de SÉS ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: 26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD ::

:: Pop, novo disco de Luis Peixoto e Fernando Barroso que busca financiación na plataforma Verkami ::

:: Andando a Terra. Uxía Canta a Manuel María ::

:: "Não Lugar" a relación entre Galiza e Portugal a través do canto e a percusión tradicional ::

:: KEPA JUNKERA RENDE HOMENAXE Á MUSICA DE GALIZA ::

:: Presentación do libro-cd "De Voces Ceives a Milladoiro. Unha memoria do movimento popular da canción galega" de Antón Seoane ::

:: Presentación en Ames do libro-disco de Germán Soneira ::

:: Presentación do novo disco de Terbutalina, A MUERTE, na Sala Capitol (Compostela) ::

:: Concerto-presentación do disco "Dos fíos invisibles chegan as cores", de MÓNICA de NUT e VIRXILIO da SILVA ::

:: Presentación do CD/DVD SERAN EN TOUTÓN, en Mondariz ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO MAGNÉTICO-ZEN DE XOÁN CURIEL EN LA HABITACIÓN DE NIÑA CARACOL (OURENSE) ::

:: Torre de Breoghán: Luar na Lubre musica as invasións galegas de Irlanda en compañía da OSG ::

:: Os Ulträqäns presentan o seu segundo disco na Sala Garufa Club (A Coruña) ::

:: 2naFronteira presenta Zapatiños para Díaz Castro en A Coruña ::

:: Presentación en Bueu do Proxecto Elelelos ::

:: Marta Quintana e Cuchús Pimentel achéganse a Diaz Castro no multiusos de Redondela ::

:: Presentaciòn do libro O Gaiteiro de Santo Xusto ::

:: Presentación-Festa do libro biográfico dos Diplomáticos de Monte Alto ::

:: Peitieiros acolle presentación do proxecto “Elelelos” da Asociación Retrouso de Cela dentro da Semana Cultura ::

:: Sesión Bravú no barrio de Novo Mesoiro (A Coruña) ::

:: Presentación do libro TANTO ENCANTO REUNIDO en San Sadurniño ::

:: Tanto Nos Ten presenta o seu novo CD en Redondela ::

:: Pandeiromus presenta "TEÑO DÍAS" ::

:: LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO, novo disco de Guadi Galego ::

:: O Fiadeiro: Presentación do libro-CD “A viaxe de José do Campo” na ETRAD (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo do novo disco de A Quenlla ::

:: Presentación Novo disco Santos Morcegos na IV Festa de Entruido Da-lhe co Sacho. En A Guarda ::

:: aCentral Foque presenta “Florencio, cego dos Vilares” na Fonsagrada ::

:: Riobó presenta Quiral ::

:: Presentación oficial en Vigo do novo LP de Camarada Nimoy ::

:: Disco-presentación Liviao de Marrao + Collón de Lola (Compostela ::

:: Presentación en Lugo do libro "Pito Galego, Método Práctico" Edt. Ouvirmos ::

:: Presentación en A Guarda do disco: Cantos de cego da Galiza e Portugal ::

:: Presentación do disco SONS DE NÓS no teatro Colón (A Coruña) ::

:: Presentación-concerto do disco de Sindicato da noite, en Andel (Vigo) ::

:: Presentación do disco de Algarabia en Mos ::

:: Presentación do libro Repertorio Tabernario ::

:: IREI A DARBO. Presentación da curtametraxe en Cangas ::

:: Presentación de REPENTE GALEGO no Culturgal ::

:: SES no Culturgal | Sinatura de discos ::

:: Presentación en Ponteareas de Alborada Dun Soño, de Anton Corral ::

:: Concerto-presentación do disco dos CHAVELLOS en Mos (Pontevedra) ::

:: Os Carunchos en Vincios (Gondomar) ::

:: Presentación do libro O Gaiteiro de Santo Xusto 'O son da Ulloa' en Monterroso ::

:: Brigada Bravo&Díaz presenta disco en Santiago De Compostela ::

:: Irei a Darbo ::

:: Presentación do videoclip de Samarúas en A Coruña ::

:: Presentación de indoevindo de Milesios en Lugo ::

:: Presentación en A Coruña do libro-CD "indoevindo" de Milesios ::

:: Presentación en Rianxo do libro+CD: Os soños na gaiola en concerto ::

:: Concerto-Presentación do disco de Óscar Ibáñez "Aires de Pontevedra" en Ferrol ::

:: Presentación de indoevindo en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei. Lugo) ::

:: Presentación en A Coruña dos novos vídeos de Os Diplomáticos de MonteAlto ::

:: Documental "DEFOLXXI" e Foliada Aberta na Cova Celtica (A Coruña) ::

:: Presentación en Rianxo do libro-cd homenaxe Ramón Carou ::

:: 40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017), Reedición conmemorativa ::

:: Presentación en A Coruña do libro-disco 'ELISEO PARRA, nunca perseguí la gloria' ::

:: Presentación do libro "O Tamborileiro Técnico" na MMC de A Coruña ::

:: Susana Seivane pre-estrea 'Fa' en A Coruña ::

:: Presentación de Herdeiras en Mondariz ::

:: Tiruleque presenta "Outro que tal baila" en Compostela ::

:: Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas ::

:: Presentación do primeiro disco de Volta e Dalle en Mondariz ::

:: Presentación en Vigo da Chave Mestra ::

:: Dorothé Schubarth presenta 'Os cantos do mar' en Vigo ::

:: Concerto presentación do libro-disco Pakolas, de Pako Cerdeira, en Moaña ::

:: Presentación de Aldea Viva en A Coruña ::

:: Presentación do Libro-CD Son da Maía en Calo (Teo) ::

:: Concerto-Presentación do libro O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en Ferrol ::

:: Bruno Villamor presenta O GAITEIRO DE SANTO XUSTO en A Coruña ::

:: MetalXis presenta o seu primeiro traballo en Bembrive (Vigo) ::

:: Presentación en Vigo dos traballos de Pablo Rial e Rafa Crespo ::

:: Apresentação SINDO DE OLELAS COM XURXO SOUTO E RAMOM PINHEiRO (Arca da Noe - Vilar de Santos) ::

:: Gonzalo Caride presenta O SAÍR PRÁ ROMARÍA en Lavadores (Vigo) ::

:: Os Melidaos presentan TRIBU NOSA (Melide) ::

:: Presentación do libro Ericia, de Xosé Luí­s Ramos Suárez ::

:: Presentación dos libros `Entre Lusco e Fusco´ e `Colleita Propia´ en Moaña ::

 

:: A OFG SONDESEU EN A CORUÑA. SÁBADO 8 DE MARZO. 20:30. TEATRO ROSALÍA DE CASTRO. XIRA PRESENTACIÓN DANZAS BRANCAS ::

:: A OFG SondeSeu en Compostela ::

:: Concerto de Som do Galpom en Burela ::

:: SONDESEU, A ORQUESTRA FOLK DA ETRAD, INICIA XIRA DE PRESENTACIÓN DE DANZAS BRANCAS ::

:: Presentación do libro CD CoraSons na Illa de Arousa ::

:: Presentación do Libro TREBOADA GALEGA en A Guarda ::

:: Migallas Teatro e Kalandraka presentan Pan de Millo en Lugo ::

:: Caminantes de Finisterre presenta o seu DVD 'Vivo en La Plata' ::

:: Presentación de Pan de Millo, este sábado en Pontevedra ::

:: Cé orquestra pantasma, presentación en Vigo do disco "Do Meu" ::

:: TIRULEQUE presenta o seu 2º traballo discográfico "Mu!!" ::

:: V Edición de Persoeiros da Terra: Presentación do Libro-CD "Germán V. Soneira, o gaiteiro dos Hnos. Lamas", na Casa Común de Calo 'Marisa Mirás', no Concello de Teo ::

:: Presentacion en Compostela de ARROCK CON CHICHAROS o novo disco de Pito de Pikasso ::

:: Sés presenta en Compostela o seu disco Co Xenio Destrozado ::

:: Uxía Senlle presenta Rosalía Pequeniña acompañada por Sergio Tannus e Santiago Cibreiro ::

:: Concerto de SKANDALO GZ no Avante en Santiago ::

:: Kepa Junkera, convidado de luxo na Foliada da Baiuca (Arteixo) ::

:: SOTAQUE. novo disco de Xose Manuel Budiño, en Abril ::

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Linho do cuco presenta o novo disco: “As Alegrías” ::

:: Tonhito de Poi continúa a xira de presentación do disco O SORO DA VERDADE ::

:: Concerto de Os Minhotos en Lugo presentando A Pinga D'auga ::

:: A Compañía do Ruído presenta o seu disco cunha gran festa en barco pola ría de Arousa ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Presentación en Compostela do CD tributo a os 25 anos de Zënzar: VAI POLOS PADRIÑOS ::

:: Kepa Junkera volta a Galiza e prepara disco con colaboracións e música do País. ::

:: Presentación do disco de ORBALLO na Casa de Cultura de Pontedeume ::

:: Milesios presenta en Lugo o seu disco Alén Mar ::

:: Rebeliom do Inframundo no Torreiro da Festa (Vigo) ::

:: Skandalo Gz presenta o seu disco Esperta!! Na Gentalha do Pichel (Compostela) ::

:: Presentación en Lugo, de PINGA D'AUGA, novo disco de Os Minhotos ::

:: GRAN CONCERTO presentazón do 'Disco díscolo' dos da Ría en Teo ::

:: Presentación do libro "TREBOADA GALEGA" ::

:: Retrouso presenta o seu primeiro disco: OU ::

:: Presentacion na Fnac do gupo folk -Mel de Meiga ::

:: Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición) ::

:: Presentación en Arzúa do disco de Julio Vázquez Carril ::

:: Presentación do disco «Monte Galiñeiro» de Os Irmandiños de Vincios ::

:: AS ARPAS DE BREOGAN Novo disco de Rodrigo Romaní­ ::

:: Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mar Maior de Luar Na Lubre: 13 semanas consecutivas entre os 100 discos máis vendidos do Estado Español ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: Concerto-Presentación do CD de Agustí­n Sánchez “Pezas de aquí­ e acolᔝ na Tradescola (Lugo) ::

:: Presentación en Redondela da Guía didáctica de instrumentos galegos ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O Canto do Pobo ::

:: Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ::

:: Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante” ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte ::

:: Guí­a didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos ::

:: PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS ::

:: O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos" ::

:: Quempallou presenta “Once Anos Mallando” ::

:: As cancións perdidas do pazo ::

:: Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO ::

:: PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES ::

:: Unha cáscara de noz convertida en barco ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ ::

:: Berrogüetto filma unha actuación histórica ::

:: "Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO" ::

:: Trasmundi pon son á nosa mitoloxía ::

:: Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.) ::

:: Arquivo das Daníças do Alentejo ::

:: Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos ::

:: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru ::

:: Lizgairo - Diacroní­as ::

:: ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero) ::

:: Tiruleque ::

:: Susana Seivane - Os Soños que Volven ::

:: 'Sós', tí­tulo do cuarto traballo de Mercedes Peón ::

:: Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 ::

:: Noitarega, "XXI" novo disco ::

:: Dous + Tres = Folkfusión ::

:: "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo ::

:: Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" ::

:: Así­ fan os bailadores... ::

:: "Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto ::

:: A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards' ::

:: Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música ::

:: PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI ::

:: Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas ::

:: NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel ::

:: Once máis 15, poemas musicados ::

:: Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven» ::

:: Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. ::

:: Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´ ::

:: Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´ ::

:: Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. ::

:: Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional ::

:: XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero. ::

:: Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva ::

:: Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco ::

:: Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´ ::

:: A «galecidade» do Brasil (segunda entrega) ::

:: A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO ::

:: Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA ::

:: `Benzón´ de Guadi Galego ::

:: Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista ::

:: Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde ::

:: `O Berce das Palletas´ ::

:: Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip ::

:: Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira ::

:: `Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009) ::

:: Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina ::

:: Labazada de estrea [CD e formazom] ::

:: Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino ::

:: O novo disco dos Carunchos xa está no forno. ::

:: Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´ ::

:: Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista ::

:: Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo ::

:: `Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina ::

:: Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom ::

:: Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía ::

:: aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA ::

:: `En Galego´, Novo Disco dos Carunchos ::

:: Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música ::

:: Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´ ::

:: 30 anos da publicación do único álbum de N.H.U. ::

:: TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG ::

:: PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009) ::

:: O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras ::

:: A música tradicional de Ferrolterra en imaxes ::

:: NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma ::

:: Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião ::

:: Presentación do libro O vestido de onte ::

:: O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba ::

:: As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez ::

:: Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´ ::

:: A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar ::

:: Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´ ::

:: `Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane ::

:: Kastomä: Novo disco en Nadal ::

:: SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA ::

:: La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional ::

:: Presentación do CD Son de Rianxo ::

:: Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas ::

:: Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ::

:: A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro ::

:: Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo ::

:: Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba ::

:: Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas ::

:: Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña ::

:: Isolma. CD e DVD de GS21 ::

:: Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´ ::

:: Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´ ::

:: Xa está online A Grileira Nº10 ::

:: GZ POP! na revista catalá ENDERROCK ::

:: Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos ::

:: PAI Música editará Cantos na Maré ::

:: Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión ::

:: Buscando poemas musicados (en galego ) ::

:: Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto ::

:: Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia ::

:: Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929 ::

 

 




 

Voltar á páxina principal