
Este fin de semana o FIP Galicia, Festival Internacional de Percusión fará a súa parada en Santiago de Compostela, despois da boa acollida do fin de semana pasado na cidade de Lugo. O 3 e 4 de agosto o público poderá desfrutar de variadas propostas musicais como a de L.A.R Legido, Rastrexos Project, Caixa de Tambora ou Odaiko Percussion Group entre outras actividades.
3 agosto 18.00h. Taller tamborrada aberto a todos os públicos. Recomendable achegarse con calquera tipo de instrumento de percusión. (Alameda) 19.00 h. Pasarrúas tamborrada Alameda-San Martiño Pinario 20.00h. L.A.R Legido. Performance sonoro.(San Martiño Pinario) 22.30 h. Rastrexos Project & Romain Kuonen (Praza da Quintana)
4 de agosto 12.30 h. Caixa de Tambora. Taller-concerto (Alameda) 20.00 h. Concerto Marimba en Pedra (San Martiño Pinario) 22.30h. Odaiko Percusión Group (Praza da Quintana)
|