>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

FESTIXEVE - Sábado 28 e Domingo 29 de Xullo en Xeve (Pontevedra)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 28 / 7 / 12 )





A A.R. De Xeve, ven celebrando dende a súa fundación no 1996 unha serie de eventos englobados nunha festa de carácter popular e participativo, chamóuselle inicialmente Festa da Asociación. Có tempo, tanto a Asociación como a festa foron medrando e así, foise convertendo no que hoxe chamamos Festixeve.
A pesares de que hai eventos durante a semana a parte máis importante concéntrase na fín de semana.
O sábado, orientado cara a mocidade, ten como elemento fundamental, actividades dirixidas fundamentalmente a ese sector da poboación, como os concertos do Festixeve. A noite soe ser longa, xa que despois dos concertos, que rematan a altas horas da maná, hai xogos e gincanas deportivas do máis divertido para os que aguanten o ritmo.
No domingo, considerado o día grande da festa, comezan pola mañá (e duran toda a xornada) os xogos populares, contacontos, inchables para nenos, exposicións culturais, etc. Na carballeira habilítanse mesas e bancos para o xantar, no que non falta o polbo á feira. Hai degustacións gastronómicas, teatro, e, como non, actuacións musicais e de baile tradicional.

Sábado 28:
A Banda da Balbina
A Compañía do Ruido
Festicultores


Domingo 29:
Pesdelán
Os encerellados de Campos Lameiro





- A Banda da Balbina- A Compañía do Ruido- Festicultores- Pesdelán -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal