>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Olimpiada Rurais - Cool Meira

(ultima actualización: 27 / 7 / 12 )





Sábado 28 de xullo no Parque de Meira – Lugo
Coas actuacións de Labregos do tempo dos Sputniks, Terbutalina,..

Coa organización de Expresións Espontáneas 5.0 a Asociación Cultural Eme de Meira pretende poñer en marcha un novo evento multiartístico, que involucre á xente da vila de Meira e arredores, ofrecendo unha alternativa de ocio estival para a poboación do concello e arredores, especialmente para a xente nova pero tamén para todo o público, incluso familiar, a través do desenvolvemento de múltiples iniciativas culturais que dinamicen unha tarde de lecer, para rematar con concertos onde se lle dá a oportunidade de tocar ás agrupacións meiregas.

Nesta ocasión, baixo o subtítulo de “Cool Meira”, queremos que Meira se converta nunha sorte de epicentro de actividades e xogos tradicionais e populares baixo unha fórmula de “Olimpíadas Rurais” coa intención de facer pasar á xente unha xornada divertida pero tamén que reflexione sobre a importancia de conservar os nosos xogos tradicionais como parte do noso patrimonio cultural e identidade como galegos e galegas.

Queremos que a xente reflexione sobre a importancia de conservar os nosos xogos tradicionais como parte do noso patrimonio cultural e identidade como galegos e galegas. Tentamos crear unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Meira nesa xornada festiva. Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade. E nesta liña, Eme de Meira quere agradecer a participación e colaboración de todo o pobo de Meira, da xente que se achegue nesa xornada, e tamén, por suposto, das institucións públicas e privadas que nos apoian, outros colectivos culturais que sempre imos da man á hora de desenvolver iniciativas deste tipo e por último a todos e todas as socias de Eme de Meira, que se involucran e colaboran na organización desta e de moitas outras actividades coas que Eme de Meira tenta dinamizar a vida cultural do noso pobo.



tríptico informativo


- Labregos do tempo dos Sputniks- Terbutalina -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal