>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festival 27373 en Begonte
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 18 / 7 / 12 )





O vindeiro sábado 21 de Xullo terá lugar no Clube Fluvial de Begonte o Festival 27373, da man da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario; o primeiro que organiza esta asociación cumplindo deste xeito un dos proxectos mais desexados dende a súa fundación.

O festival celebrarase durante todo o día, con servizo de polbo e churrasco pra poder comer no mesmo recinto, e ten a intención de dar cabida a público de tóda-las idades.
Así comezará pola mañá, a partires das 11:30, atendendo aos máis pequenos cun obradoiro de Ciencia Entretida a cargo de "Teatro do miolo" e coa participación do contacontos Carballo con Botas. E tamén haberá inchables e unha festa da escuma.

...e á noitiña, a partires das dez e media, actuacións de Guezos, Labregos do tempo dos Sputniks, e Avante Rock da Galiza.

¡¡Non deixedes de acudir e apoiar ás novas iniciativas que apostan pola cultura e a música do país nus tempos en que semella cada vez máis complicado!!


- Guezos- Labregos do Tempo dos Sputniks- festivais -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal