>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás

(ultima actualización: 18 / 7 / 12 )





Xoves 19 de Xullo na Cidade da Cultura (Compostela)
Concerto presentación do novo traballo discográfico de 2uS dentro do ciclo Atardeceres no Gaiás.

2uS preséntase en formato cuarteto: Pablo Carrera (guitarras) e Fernando Abreu (clarinetes) xunto ao contrabaixista Pablo Pérez e o percusionista Marcos Vázquez, nun concerto onde soarán os temas do novo disco que farán viaxar por un universo de sons aos asistentes gozando do solpor dun xeito diferente.






- 2uS -


NOVAS RELACIONADAS:



2uS na beiravía e outras periferias | EL PAÍS
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/09/13/galicia/1347567238_977470.html




Sábese que 2uS son dous, si, pero cales? O clarinetista Fernando Abreu (Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky, Orquestra Omega) e o guitarrista Pablo Carrera (Doctor Harapos) estrearon dúo hai catro anos cun par de referencias encontradas. Só son sons (2008), publicado por Falcatruada, propoñía un accidental pero exquisito escaparate de tradicións, do leste de Europa a Galicia con escala na outra África. Non só son sons, vertido á Rede polo netlabel do colectivo Alg-a apenas 15 días despois, parecía o seu reverso. Literalmente. Quince intervalos de improvisación e búsqueda radical impugnaban a forma canción e rescataban retallos sonoros concibidos en orixe para o teatro.

Dous, en consecuencia, é o segundo pero é o terceiro ensaio de 2uS, ou sexa de Abreu e Carrera. En réxime de autoedición, aínda que apareza estampado o logo de Nakra na contraportada do CD, con deseño ao cargo de Olalla Fernández, contén 11 cortes. Emparenta con Só son sons, aínda que non esquiva a improvisación —Swingprovisando, de feito, só estaba chamado a ser un exercicio de quecemento no estudio—, pero é distinto. Moito. A torboada amainou, polo que se ve, e 2uS asume de vez e con vagar o seu traballo cos acordes de calquera. A evidencia está na penúltima pista. Sukru apaña a melodía de Agir aydin zeybek e ofrécese no libreto como homenaxe ao autor da peza, o clarinetista turco Sükrü Tunar (1907-1962), e a todos os músicos populares do mundo.

Aquel leste adrenalínico de Jáskala non desaparece, pero deixa paso en Dous a unha cartografía parcialmente diferente. Está Cuba en Madame, que ía para tango e quedou en bolero. Está América no charango de Instrumentos en las paredes. Está o Brasil explícito de Bossanossa. E está África, claro, tamén en Galicia. Todo pasado pola peneira do dúo, que proba nun rexistro máis íntimo, con arrolos como Mateo, e mesmo arrisca no retrouso vocal entrevisto en Abanea. Amodo, sen arroutos como os de Fun-kings ou Stress. Tamén é certo que están máis sós, o que quere dicir menos eléctricos. No primeiro a nómina de colaboradores tiña case unha ducia de nomes. Desta vez, só Marcos Vázquez na batería, Pablo Pérez no contrabaixo e Leandro Deltell na percusión.

Na outra punta do gusto vén de aparecer na Internet —e nos próximos días en vinilo, nunha tiraxe financiada a través de crowdfunding— a secuela de Galician Bizarre. Un recompilatorio de bandas con base ou libro de familia en Galicia que vertebra, para ben e para mal, na estridencia. Irregular por definición, reúne 16 temas. A inmensa maioría en castelán, agás o do trío Wild Balbina, que factura en inglés o seu riot punk de aeroliña federal —vén de publicar en Elefant un single en vinilo azul, Eat Tacos—, e dous proxectos galegófonos: Sr. Anido, no arrinque da colección coa musculosa e motorizada Buraco negro, adianto talvez do que está por facer o autor intelectual do volume, Rafa Anido, e Terbutalina, que reparte Hostias como as do seu recente segundo LP.

O de Mullet é distinto. Non é que en Laioso se cante en galego: é que primeiro comparecen unhas cantareiras ruidistas —pouca broma— e ao final sampléase un dos peores momentos de Xosé Ramón Gayoso en anos e anos e anos de Luar na TVG. O experimento resulta do máis interesante do disco, xunto con Cambia de ciudad, un dos cortes que quedaron fóra do debut de Fantasmage; ou El ogro, outra distopía vintage e nada banal dos coruñeses Mano de Obra. A falta de srasrsra, que está a piques de publicar puchao —non era sen tempo, leva meses anunciado e bloqueado— e que non participa neste segundo Galician Bizarre, aí están os alaridos de Lobishome en La muerte.

Completan a selección Trajano! con Mono, Carrero Bianco con Horse Cum, Tora! Tora! Tora! con Crematorio, QVEK con Tella, me enamoré de ella, Los Televisores con Mona Lisa, Alarido Mongólico con El ataque de los belenes vivientes, Los Thyssen con La bola, Tetra & Freak con Frota Vaginas e Pastillas Mamut, que despide as últimas revolucións do plástico con Fiesta de mierda. Entre a aparente pluralidade de códigos, non deixa de resultar preocupante a recuperación de certos repertorios do pop punk nuevaolero, agora que os oitenta volven ser tendencia nas cifras do desemprego e a guerra en curso parece o que era. Teñan coidado aí fóra.





2US - Dous (2012)
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=21270


Con nome de 2us, Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous, un traballo no que fusionan a música popular con sons tan afastados como os africanos, os orientais ou o jazz. Partindo da base de guitarra e clarinete, o traballo segue na liña do seu anterior disco Son só sons e inclúe batería, contrabaixo e percusións nalgúns dos seus 11 temas. Editado baixo selo Nakra, o disco foi gravado e mesturado polo propio Carrera nos estudios Tooma, Pinkroom e Ancestral entre xaneiro de 2011 e maio de 2012.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 


 



máis..


:: Quero Cantar - Concurso de música infantil da Deputación da Coruña ::

:: Nova edición do Proxecto “Brinquedos”. ::

:: Xogos Musicais, de Luis Prego. Libro + CD ::

:: Cursos na Asociación Rosalí­a de Castro de Cacheiras (Teo) ::

:: Comezo das clases na Asociación Retrouso de Cela (Bueu) ::

:: Escola de Música Tradicional de Ourense ::

:: Clases na A.C. Rosalía de Castro de Padrón ::

:: Mama Cabra en Arteixo ::

:: Pablo Díaz en A Coruña ::

:: Pablo Díaz en Pontevedra ::

:: Xoan Curiel no Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ::

:: Concerto de Pablo Díaz na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei) ::

:: Praza dos Libros 2015. Feira da creatividade cultural (Carballo) ::

:: Mamá Cabra en Carral ::

:: Pitusa Semifusa en Sarria ::

:: Aula aberta de gaita en Monterroso ::

:: Os Axouxeres en Mondoñedo ::

:: Contos da boapipa no Museo do Pobo Galego (Compostela) ::

:: Son xogos, xogos son - Olga Kirk e Pablo Díaz en A Coruña ::

:: Uxia Lambona e a Banda Molona en Vigo ::

:: Pitusa Semifusa no Castelo de Moeche ::

:: Mamá Cabra presenta en Compostela o seu novo espectáculo ::

:: Pitusa Semifusa en Teo ::

:: Mamá Cabra en A Coruña ::

:: Gramola Gominola en Compostola ::

:: Obradoiro-Concerto con PABLO DÍAZ en Foz ::

:: Pesdelán no Culturgal (Pontevedra) ::

:: María Fumaça no Culturgal (Pontevedra) ::

:: Pablo Díaz CantaContos - Vindeiras actuacións ::

:: Cantos de Nadal en Narahío (Ferrol) ::

:: Lydia Botana na Pobra Do Caramiñal ::

:: Cantacontos para Bebes con Pablo Díaz en Ourense ::

:: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc no salón do libro de Pontevedra ::

:: Cantos de Taberna e Zurrumalla en Manzaneda ::

:: Festival infantil Por cantar e por bailar en Vigo (O Fiadeiro) ::

:: A nena e o grilo nun barquiño no Pazo da Cultura de Narón ::

:: Uxía Lambona en Ferrol ::

:: Gramola Gominola en Milladoiro (Ames) ::

:: Tic Tac Toc de Pablo Díaz en Outes ::

:: Encontro Infantil de Cantares Tradicionáis " O SAIME CANTA" en Narahío ::

:: Mamá Cabra en Boiro ::

:: VI Festival Infantil dos Amigos da Gaita Galega en Ribadeo ::

:: Pablo Díaz en Compostela ::

:: A Gramola Gominola presenta en Ourense "Cancións para Desafinar" ::

:: Festival CantoConto en Mos ::

:: Cé Orquestra Pantasma na Pobra do Caramiñal ::

:: Uxía lambona e a banda molona - Xira Verán 2017 ::

:: Praza Miúda - Romaría de Santa Margarida (A Coruña) ::

:: Mamá Cabra en Boiro ::

:: Pakolas na Fundaçom Artábria ::

:: Enredando con Pakolas en Pazos de Borbén ::

:: II Plis Plas Festival de Navia (Vigo) ::

:: Pablo Díaz na Feira do Libro de Vigo ::

:: Concerto presentación do libro-disco Pakolas, de Pako Cerdeira, en Moaña ::

:: Mamá Cabra en Abegondo ::

:: Festa do Apego en A Coruña ::

:: III Miúdo Fest (Tameiga. Mos) ::

:: Pablo Díaz en Compostela ::

:: Cantacontos para bebés con Pablo Díaz en Ourense ::

:: PESDELÁN en A Coruña ::

:: XXVIII Festival Folclórico Infantil - O Arco da Vella (Barreiros. Lugo) ::

:: IV Edición do MIÚDO FEST (Tameiga. Mos) ::

 

:: Obradoiro e concerto de Pesdelán en Melide ::

:: Concerto de Migallas Teatro en A Coruña ::

:: Pésdelan + Cantigas e Frores nos Xardíns da Deputación de Lugo (Cultura Aberta 2014) ::

:: Pablo Díaz nos Xardíns da Deputación de Lugo (Cultura Aberta 2014) ::

:: Tic Tac (e Toc Toc) de Pablo Dí­az. Vindeiras datas ::

:: Migallas Teatro e Kalandraka presentan Pan de Millo en Lugo ::

:: Vindeiros concertos - Rosalía Pequeniña (de Uxía Senlle) ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Carral ::

:: Continúan os concertos de presentación de Rosalía Pequeniña (Uxía Senlle) ::

:: Obradoiro e concerto de Pesdelán en Ames ::

:: Continúa a presentación do novo libro-disco de Magín Blanco, "A nena e o grilo nun barquiño" ::

:: Presentación do libro-disco A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO ::

:: Vindeiros concertos de Mamá Cabra ::

:: Festival de Nadal Aleivosía (Rianxo) ::

:: III Festival Infantil Lembranzas da Ría ::

:: Concerto de MARíA FUMAÇA en Vigo ::

:: Presentación de María Fumaça no Auditorio das Pozas en Petelos - Mos. Domingo 2 de Nadal ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Tui - 16/11/2012 ::

:: Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL" ::

:: Presentacións de MARÍA FUMAÇA ::

:: Mama Cabra no Festival Music Way (Cidade da Cultura - Compostela). 29 de Setembro ::

:: Ultimos días para preinscribirse nas aulas de instrumento da ETRAD (Vigo) ::

:: 24 Festa do Requeixo en A Capela ::

:: IX FESTIVAL FOLCLÓRICO CARNEIRO AO ESPETO ::

:: Brincadeira Festival- Rock in Cambre Agosto 2012 ::

:: Festival Rockanos en Arcos da Condesa (Caldas de Reis) ::

:: Festa da Carballeira de Zas ::

:: IV Cruceiro Rock (Vila de Cruces) ::

:: 11 de Agosto: Festa Revolta no Courel ::

:: Festas do Carme e Festival da Fraga en As Pontes ::

:: Festival 27373 en Begonte ::

:: Dioivo - Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario ::

:: Presentación de "DOUS" nos Atardeceres no Gaiás ::

:: Rescate Gaiteiro do Folk In Río en A Santaia (Touro - Compostela) ::

:: Romaría XXV Aniversario da Asociación Garrulaxe ::

:: Talabarte en Noia ::

:: Programación de Xullo 2012 na Casa das Crechas ::

:: XIII Festa Folc de Vilariño - O Hio ( Cangas do Morrazo ) ::

:: 7 Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza) ::

:: Concerto presentación do Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes en A Fonsagrada ::

:: Clave de Fado e Xoan Curiel este mes de Xullo en A Ventana (Laxe) ::

:: Revenidas 2012 ::

:: Noitarega e Susana Seivane - Andoriña Mariñeira ::

:: Concertos no Xardín - Vindeiras actuacións no Museo Provincial de Lugo ::

:: Luar Na Lubre - Ao pasar pola Coruña (Directo en TVE) ::

:: Concertos este verán de Transilvanians ::

:: DOA, entrevista no Faro de Vigo ::

:: Uxía recibe o Premio ao Mellor Disco de Música de Raíz na IV edición dos "Premios de la Música ::

:: Chotokoeu - Xira de Verán ::

:: Vindeiros concertos de Treixadura ::

:: Coanhadeira, Xose Manuel Budiño e Kepa Junkera nas Festas de Ourense ::

:: Asociación Cultural Trépia - Cursos Monográficos de Verán ::

:: SAN SIMÓN FIDDLE CAMP (Curso de verán infantil e xuvenil de Violín folk na Illa de San Simón) ::

:: O Leo gravando ao vivo o seu 3º disco, A Neurona na Patineta (GZ Música) ::

:: aCENTRAL FOLQUE LEVA A MÚSICA GALEGA A IRLANDA ::

:: IX Festival Castelo Rock (Muros) ::

:: Festival Son Rías Baixas (Bueu) ::

:: Vindeiros concertos de Astarot ::

:: ODAIKO PERCUSSION GROUP ARRANCA A XIRA DE VERÁN 2012 ::

:: Dios Ke Te Crew - Xira Humanose XUÑO + XULLO ::

:: O grupo Doa -ao vivo- en Pontevedra (Teatro Principal) ciclo "Músicas abertas" ::

:: VII ARREAOCABO en Celeiro - Viveiro (Lugo) ::

:: Tic Tac de Pablo Dí­az en A Coruña ::

:: Luar Na Lubre presenta o seu novo disco, Mar Maior ::

:: XXXIII Festival de Pardiñas (Guitiriz) ::

:: O grupo Doa gaña "Mellor Disco" 2011 nos "XI PREMIOS OPINIÓN DE MUSICA FOLK" ::

:: Pancho Álvarez presenta SONCHE ATLÁNTICO ::

:: Cantos de Taberna en Pontevedra ::

:: DANZA 3. Espectáculos de baile e música tradicional ::

:: A revolución tamén se fai bailando | Sara Alonso - EL PAíS ::

:: Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox” ::

:: Xiras con lucro e nostalxia | Galicia | EL PAíS ::

:: RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012) ::

:: O canto agochado entre pipotes ::

:: Vitaminas para o galego ::

:: II Festival infantil Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo) ::

:: Pesdelán no Festival Andanças ::

:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::

:: Festa da Música - Concertos polo Día Internacional da Música no Museo do Pobo Galego ::

:: Foliada homenaxe a Pepito Temprano ::

:: ESPECTÁCULO ROMARÍA RAIGAME ::

:: Marful e Berrobambán Teatro, protagonistas xunto con Yolanda Castaño e Xurxo Borrazás da IV Festa da Lingua ::

:: Obradoiro de arrolos nas Bibliotecas Municipais da Coruña ::

:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO Pɒ ::

:: IV MERCADO DAS RUTAS DO MAR DE MUXÍA ::

:: Verán Folque no Concello de Poio ::

:: Concerto de Mamá Cabra en Carballo ::

:: Festival da AFI + RadioAFIcionados do Laboratorio de Sons ::

:: O Laboratorio de Sons sae á rúa ::

:: VENTE VINDO QUE EU VOU ANDANDO ::

:: Sons miúdos - A MúSICA PARA NENOS AFIANZA A SúA PRESENZA NO NOSO PAíS ::

:: Foliada dos Cativos en Bueu ::

:: Xa están aquí as Festas dos Axóuxeres ::

:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::

:: XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos ::

:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::

:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::

:: Aberta a matricula para os monográficos ‘09 da Aula Folque Infantil ::

:: Voltan os Encontros dos Axouxeres ::

:: Plano estratéxico para os xogos tradicionais ::

:: Mamá Cabra, música para `peques´ e `adultos´ ::

:: Concerto Contos en Cantos. 22 de Novembro Na Biblioteca Central de Cambre ::

:: DIVERSOS CENTROS ESCOLARES VISITAN A EXPOSICIÓN DA V MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN ::

:: Nova programación dos Encontros dos Axóuxeres ::

:: Xogos Populares - novas ::

:: Abrese a matrícula para a Aula Folque Infantil de Pontevedra ::

:: Orella pendella | Nova web que pretende recuperar ditos, recitados e cancións infantís ::

:: Xornal Vigo: Educación organiza o programa de narración musical " O rodaballo con botas" ::

:: Axóuxeres, unha festa da lingua para os máis pequenos ::

:: II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais ::

:: Vieiros: Galiza Hoxe - Desde o berce: "En galego" ::

:: En galego xa antes de nacer - Darán a embarazadas un CD con nanas para fomentar o galego ::

 

 




 

Voltar á páxina principal