>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

XXVIII Festival de Ortigueira
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 8 / 7 / 12 )





XOVES 12 DE XULLO
20:15 H- INAUGURACIÓN MUSICAL
Praza de Isabel II
22:00 H- SESIÓN DE CONCERTOS
Escenario Estrella Galicia
Grupo celta da Escola de Música de Ortigueira (Galicia)
22:45 H- PROXECTO RUNAS
Escenario Estrella Galicia
Avelaíña (Galicia)
Rastrexos Project (Galicia)
Alén de Ancos (Galicia)
Harmonica creams (Xapón)


VENRES 13 DE XULLO
22:00 H- SESIÓN DE CONCERTOS
Escenario Estrella Galicia
Bagad Glazik Kemper (Bretaña)
Stolen Notes (Andalucía)
Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
Blazin' fiddles (Escocia)
Jamie's Smith Mabon (Gales)


SÁBADO 14 DE XULLO
22:00 H- SESIÓN DE CONCERTOS
Escenario de Estrella Galicia Oban pipe band (Escocia)
Crema de gaita (Galicia)
The Rua Macmillan band (Escocia)
Electric céilí (Irlanda)



DOMINGO 15 DE XULLO
12 H- DESFILE DE BANDAS
Saída dende a AlamedaEscola de Gaitas de Ortigueira, Banda de gaitas de Ladrido, Oban pipe band, Bagad Glazik Kemper, Banda de gaitas Concello dos Blancos, Banda de gaitas Abelladeira (O Bierzo), Banda de gaitas "La reina del Truébano", Banda de gaitas "Asociación Malante", Banda de gaitas de Burela.


18 H-ACTUACIÓNS DO VIOLINISTA JESÚS HERRANZ, O ACORDEONISTA ROMÁN SEÑOR E O GAITEIRO DAVID LOSAS.
Teatro de Beneficencia
20 H-PRESENTACIÓN DO PROXECTO "METODO CARDIOFÓNICO" POLO ZANFONISTA GERMÁN DÍAZ.
Teatro de Beneficencia




ACTIVIDADES PARALELAS



Feira de artesanía
Como é habitual, o Festival reserva no paseo marítimo espazo para a venda de produtos artesanais. Casetas e postos ambulantes ofrecerán aos visitantes diversidade de pezas únicas, produtos de revenda e artesanía do mundo.

Exposición: "A gaita e as orixes do Festival Celta"
O Museo Ortegalia acolle esta mostra temporal que reflicte todo o proceso de fabricación dunha gaita, e recolle ademais documentación e imaxes sobre as orixes do Festival do Mundo Celta. Contará con material facilitado para a ocasión por quen foi uno dos cofundadores do certame folk e propietario do último obradoiro de gaitas de Ortigueira, Francisco Bermúdez. A mostra forma parte do curso que organizará no Museo Ortegalia de Ortigueira xusto antes do inicio da cita folk a Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) en colaboración co Concello de Ortigueira, titulado "A gaita no folclore tradicional galego".

Exposición: "Antoloxía do Festival"
Cantos se acheguen ao Centro de recepción de visitantes descubrirán parte dos fondos da colección gráfica do Festival Celta. Recupéranse imaxes das exposicións sobre o evento que máis cautivaron ao público; traballos como os realizados por fotoxornalistas como Xulio Villarino, Xoán Piñón, Gabriel Tizón ou, máis recentemente, Ángel Manso e Kiko Delgado.

Estrea documental: "defolXXI"
No Teatro de Beneficencia estréase o sábado, a partir das 20 horas, un proxecto documental, dirixido por David Ramos, no que se intenta amosar a situación da gaita galega no século XXI. A produtora Animaxes AV busca con este filme achegar ao público ao grande universo da gaita desde tres eixos fundamentais: a interpretación, a construción actual do instrumento e o ensino.

Radio en directo
Radio Galega Música emite, dende o Teatro de Beneficencia, un monográfico do programa Lume na Palleira sobre o Festival Ortigueira. Presentado por Emilio Españadero, realizarase o sábado a partir das 16:00 horas.


- Ortigueira- Avelaíña- Alén de Ancos- Crema de Gaita -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal