>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

Concerto presentación do Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes en A Fonsagrada

(ultima actualizaci�n: 6 / 7 / 12 )





Florencio, O Cego dos Vilares, consideardo como o último cego músico ambulante faleceu no ano 86 máis aínda é lembrado por moitos dos habitantes da súa terra natal, a Fonsagrada; pezas como A Filla de Bartolo, ou O Testamento do Gato, forman parte da memoria colectiva de grande parte da comarca, e tamén dos afortunados que puideron acceder a algunha das diversas gravacións que del se fixeron, algunhas delas realizadas por Dorothe Schubarth, Antón Santamarina ou Mini e Mero.

Dende novembro do 2011, e co apoio do Concello da Fonsagrada e a Deputación de Lugo, aCentral Folque ven desenvolvendo o PROXECTO FLORENCIO, como unha proposta educativa que se centra no repertorio deste violinista, cantor e contador. Meses de traballo nos que estiveron presentes profesionais de diferentes disciplinas que achegaron coñecementos teóricos sobre diferentes aspectos do repertorio de Florencio: a anteriormente mencionada Dorothe Schubart (musicóloga e autora do Cancioneiro Popular Galego, Pancho Álvarez e Gutier Álvarez (violinistas), Ramom Pinheiro (historiador), Sergio de la Ossa (musicólogo especilista en análise musical).

Como froito deste proxecto, o Concello da Fonsagrada acolle o vindeiro 7 de xullo a estrea do espectáculo "Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes" baixo a dirección musical do zanfonista Germán Díaz, coa presentación de Celso Sanmartín, e a participación de outros 14 músicos que levan traballando meses en torno a tan importante figura.

Paralelamente ao proceso de traballo cara a elaboración do espectáculo, dentro Proxecto Florencio leváronse a cabo outras actividades como obradoiros divulgativos nos centros educativos da Fonsagrada sobre a figura do Cego dos Vilares ou ensaios abertos ao público no salón de actos municipal da mesma vila.






- Florencio- Germán Díaz -
- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova









Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal