>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Corazón da Artesaní­a, I Encontro da Artesaní­a Tradicional e Popular de Galicia (A Golada)
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 6 / 7 / 12 )





O I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia organizado pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, converte Agolada no Corazón da Artesanía. Os Pendellos, declarados conxunto histórico artístico no ano 1985, énchense de vida creando un espazo de interrelación da artesanía, da música e da danza tradicionais e da gastronomía, proxectando unha imaxe fiel destes sectores económicos, culturais e tradicionais.

Este evento ten a vocación de converterse nun referente do sector artesán unindo adxectivos como cultural, artístico, popular, tradicional pero tamén moderno, orixinal e multidisciplinar.

A tradición procura a unión coa innovación e a modernidade e este espazo histórico vai ser empregado para verse novamente cheo de actividade, permitindo enlazar a historia coa contemporaneidade en base á súa beleza, ao seu atractivo turístico e á singularidade da súa arquitectura.



PROGRAMA

VENRES 6 de xullo

11:00 Apertura do I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.
12:00 Cata de queixos dos C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla e San Simón da Costa (Inscrición no tlf. 881999173). ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
13:00 Inauguración oficial e visita aos expositores.
17:00 Programa para nenos e nenas Ponlle as pilas ao teu bocata. Conservas do Mar.
17:00-18:30 Presentación Secretos de Galicia. Unha experiencia máxica con sabor á nosa terra. Os mellores produtos galegos e a esencia do bo chocolate con forma de petróglifo. SALA & SECRETOS DE GALICIA: renovando o modelo de cooperación artesanal. A cargo de Francisca López (xestora cultural) e Carlos Sánchez-Montaña (arquitecto). PRAZA DO CONCELLO
19:00-20:00 Conferencia do deseñador Martín Azúa: Artesanía Deseño. Unha historia para contar. ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
21:00 Actuación das Pandereteiras de Tequexetéldere, A Estrada. PRAZA DO CONCELLO

SÁBADO 7 de xullo
11:00 Apertura do I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.
12:00 Cata de mel da I.X.P. Mel de Galicia (Inscrición no tlf. 881999173). ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
12:00 Desfile e Ambientación da Asociación do Traxe Galego.
17:00 -19:00 Obradoiros para nenos e nenasimpartido por María José Martínez Pérez.
17:00 Conferencia de Martiño Nercellas Méndez (Abella Lupa): O traballo dos corticeiros e a súa contribución histórica á apicultura galega. Un oficio popular en mans dos artesáns da mel. ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
18:30 Presentación do libro "Tejeduría tradicional en Galicia. El telar y la técnica” editado pola Editorial Canela. ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
19:00 Actuación do grupo Os Zoqueiros de O Porriño.
21:00 Actuación do grupo de música folk Riobó. PRAZA DO CONCELLO

DOMINGO 8 de xullo
11:00 Apertura do I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia.
11:00 Actuación Danza de Arcos de Cobas e Grupo de Gaitas Os Carballeiras.
13:00 Actuación da Banda Municipal de Agolada. PRAZA DO CONCELLO
17:00 -19:00 Obradoiros para nenos e nenas impartido por María José Martínez Pérez.
17:00 Conferencia de Juan Carlos Santos Capa: Un observatorio de tendencias para a artesanía. ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
18:00 Actuación e presentación do disco “Sobre Rodas” de Carlos do Viso e Luis Caruncho. ESPAZO MULTIDISCIPLINAR
21:30 Actuación do Grupo Leilía "Consentimento". PRAZA DO CONCELLO


- Tequexetéldere- Riobó- Sobre Rodas- Leilía -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal