
A Asociación veciñal O Rosario-Inferniño e a Asociación Cultural Terra Meiga, organizan un FESTIVAL FOLK para o vindeiro VENRES, día 6 a partir das 8 h da tarde no Palco da Música da Praza do Inferniño.
O festival, no que actuarán os Grupos de música folk "ALÉN DE ANCOS" e “ESTIMABA QUE VIÑERAS”, conta coa colaboración da Deputación provincial d´A Coruña, dentro da programación de cultura e o concello de Ferrol.
|