>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

aCENTRAL FOLQUE LEVA A MÚSICA GALEGA A IRLANDA

(ultima actualización: 23 / 6 / 12 )





Estes días está a ter lugar en Grange (Sligo, noroeste de Irlanda) o segundo Celtic Fringe Festival, un encontro ao redor dos restos dos barcos encallados en 1588 da Armada Española que se atopan na costa irlandesa. Catro días onde os activos culturais locais vólcanse na vila para facer actividades fundamentalmente musicais (concertos e jam sessions), teatrais, sendeirismo, pasarrúas, charlas e un simposio internacional sobre os restos arqueolóxicos da Armada Invencível nas súas costas. aCentral Folque foi convidada un ano máis a participar neste evento con catro músicos da Escola Livre da MPG.
Ademais de facer música galega para presentala ao público irlandés, en termos xerais un grande descoñecedor da nosa música e instrumentos, e tocala en palcos, nas famosas jams sessions dos pubs e participando nas actividades paralelas do festival, presentarán o documental ("De Cuéllar's new trip" do director David Ramos Castellano) xunto á publicación da partitura e das gravacións da The De Cuéllar Suite, composición de Michael Rooney que o ano pasado foi presentada mundialmente a primeira edición do festial e contara daquela con 15 músicos da Escola Livre da MPG.
Entre o 20 e 24 de xuño ten lugar este encontro do Celtic Fringe Festival, algo máis que un festival de música.

Programa do festival: consultar a súa web

PROGRAMA aCentral Folque no II Celtic Fringe Festival:

- "De Cuéllar's request": concerto a trio (gaita, sanfona e percusión) dentro das actividades paralelas no simposio internacional sobre os restos arqueolóxicos da Armada Invencível.

- "The Grange sessions". Participación en jam sesion de músicos galegos con irlandeses no pub Lang's en Grange.

- The Cuellar Suite Documentary. Presentación do documental realizado por David Ramos Castellano sobre a suite orquestral composta por Michael Rooney na que a Escola Livre da MPG participou no 2011.

- "Anchors aweigh". Concerto da De Cuellar suite en formato reducido da partitura de Michael Rooney e presentación do libro de partituras e gravación do concertoda "The De Cuéllar Suite"



- aCentral Folque -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal