>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Festa 20 aniversario da A.R.C Os Tilos

(ultima actualización: 22 / 6 / 12 )





VENRES 22 XUÑO: CELEBRACIÓN XX ANIVERSARIO de apertura da ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL OS TILOS


Xa van alá 20 anos de proxectos, ideas e ilusións compartidas, xa son dúas décadas as que esta entidade fai posible que día tras día as familias conten cun centro de referencia e apoio as súas vidas.

A riqueza máis grande está nas persoas que integran esta gran familia de familias, por iso máis que nunca queremos compartir esta gran celebración con todas as persoas e entidades, que fixeron posible chegar ata aquí: soci@s, voluntari@s, traballadores, colaboradores, e todos aqueles que dalgunha maneira apoiades este soño feito realidade.

Contamos con tod@s vós a partires das 19:30h para disfrutar dunha xornada chea de ledicia en compañía da Requinta da Laxeira e cunha gran cea que unha vez máis a nosa Xunta Directiva prepara con moito agarimo para tod@s nós.

Temos moito que celebrar e ista é unha gran ocasión para facelo todos xuntos, estades tod@s invitad@s!!!!!


- Requinta da Laxeira -












COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal