>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

ODAIKO PERCUSSION GROUP ARRANCA A XIRA DE VERÁN 2012
www.odaiko.es

(ultima actualización: 19 / 6 / 12 )





Odaiko Percussion Group, grupo afincado en Merza (Pontevedra) comeza a xira de verán 2012 con dous espectáculos en escea, Galician on Board e Odaiko & Anxo Lorenzo, que conta coa colaboración deste afamado gaiteiro.
Despois da súa actuación no Festival Oubeade o pasado 9 de xuño, e da súa recente xira por Tenerife este 14 e 15 de xuño, o grupo seguirá percorrendo os escenarios galegos e españois pasando por lugares como Merza (I Festival Internacional d´a Carixa), Ortigueira, Burela, As Pontes, Cospeito, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra, Agolada, Melide e Valencia, entre outros moitos.
Antonio Ocampo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso, Juan Collazo e a voz de Xiana Lastra integran esta formación que, dende a súa creación fai dez anos, centran o seu traballo na exploración da música tradicional multiétnica na súa variante percusiva. Unha faceta pouco traballada pola dificultade técnico-musical. Nesta xira acompáñanse de Anxo Lorenzo, gaiteiro recentemente recoñecido co premio alemán de música folk Eiserner Eversteiner, un dos maiores galardóns do panorama folk alemán.
Ademáis dos numerosos concertos programados, Odaiko é organizador de numerosos proxectos musicais este verán, entre os que destaca un ano máis o curso Merza Percusión que se realizará do 8 ao 11 de agosto en Agolada (Pontevedra) e que se caracteriza hoxe en día, por ser un dos maiores cursos de percusión de Europa.
Como novidade dirixen, en colaboración con outras sedes autonómicas (Valencia, Madrid, Aragón e Asturias) o FIP Galicia, Festival Internacional de Percusión, que arrancará a súa primeira edición en agosto con varias propostas musicais por distintas cidades galegas.



Noticia enviada por SONIA TORRES REY













COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal