>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 



PAI Música editará Cantos na Maré
Fonte / M�is informaci�n

(ultima actualizaci�n: 17 / 9 / 08 )



PAI Musica editará Cantos na Maré un CD que incluirá unha escolma dos concertos ao vivo feitos na praza da Ferraría e no Pazo da Cultura de Pontevedra dos anos 2004, 2005 e 2006. Nas 5 edicións xa feitas participaron artistas de Galicia, Portugal, Brasil, Angola, Guinea Viau, Cabo verde, Mozambique...

Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un evento internacional pioneiro que nace en Galiza como unha aposta musical singular: trazar un mapa común entre os diferentes territorios da lusofonía a base de ritmos, sons e melodías. O espectáculo caracterízase por ser un proxecto de aproximación de culturas e fomento da diversidade, que abre novas oportunidades de proxección á creación artística. Un dos eixes principais é o seu formato innovador, baseado na súa construción colectiva, onde artistas de diversas orixes conviven preparando un repertorio exclusivo que interpretan en conxunto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía do festival, resultando como valor engadido un produto musical exclusivo de altísima calidade artística.

Cantos na maré naceu coa intención de render unha homenaxe ao mar como lugar de encontro, como fonte de vida e de morte, de lendas e de tradicións. Naceu para celebrar o encontro de voces-sereas do Atlántico que contan, cantan e suman; as voces de poetas, letristas e escritor@s galeg@s, portugueses/as e brasileiros/as que están unidos polos sentementos e valores culturais deste fecundo universo galego-portugués.

Así, Cantos na maré significa unha ocasión para fundir e difundir o alalá, o fado, a morna, o samba, o forró e a marrabenta e destilar así un único sentir con perfumes moi variados de países como Brasil, Mozambique, Guiné Bissau, Cabo Verde e como non, de Galiza. Un paseo polos ambientes e polos ritmos destes fascinantes lugares imprimindo sempre un aire festivo e de intercambio, de afinidades que veñen dadas por este contacto atlántico e tamén pola lingua que nos une.

Supón tamén unha autoafirmación, unha necesidade de prenderse á terra, ás lendas que aínda están vivas, ás terras atlánticas máxicas e míticas, que se corresponden cunha certa e determinada visión do mundo, unha cosmovisión, que conteñen importantes elementos de comprensión das pautas culturais e psicolóxicas destas terras ricas en contrastes e moi atractivas aos ollos do mundo.

A banda base, formada por músicos dos países lusófonos, enriquecen a proposta musical con cavaquinho, percusión africana e instrumentos galegos máis universais.

Cada edición, os artistas ceden os seus dereitos a unha ONG.
















COMENTARIOS:

 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal