>> Iniciar Sesi�n  




+     

 


 

I FESTIVAL AO SON DO MASMA

(ultima actualizaci�n: 23 / 5 / 12 )





16 DE XUÑO DE 2012
CELEIRO DE MARIÑAOS


AO SON DO MASMA é un proxecto que nace da inquedanza pola posta en valor da producción artística galega. As aportacións tradicionais da nosa cultura son os principais referentes deste proxecto, mais, tentar abrir paso ás novas achegas ao patrimonio musical e aos ritmos tradicionais feitos por novas agrupacións, é un dos principais obxectivos desta iniciativa. A súa materialización é froito da suma de esforzos entre Tumba e Dálle, grupo de recente creación composto por mozas e mozos da Mariña de Lugo que trae aos días de hoxe a música tradicional galega; e o Colectivo Cultural Ollomao, asociación do concello de Barreiros (Lugo) que traballa polo fomento e difusión da cultura propia dende a orixinalidade e a innovación. Xuntos levan a cabo organización deste I Festival Ao Son do Masma.

Para levar a cabo este proxecto, a organización do mesmo ideou un programa que conxuga distintas actividades dispostas ao longo de toda unha xornada, que fan referencia ás diferentes manifestacións culturais e produccións artísticas, e un peche de día con concertos de grupos de recoñecido prestixio no panorama musical galego xunto con outros de máis recente creación, tratando así de responder ao principal obxectivo de AO SON DO MASMA.

Durante todo o día haberá roteiros, xogos tradicionais, feira de artesanía, obradoiros de baile e pandeireta da A.F. Arco da Vella, aberto de billarda cos palanadores e palanadoras do Varal, etc...
E a partir das 23:00h. terá lugar a apertura de CONCERTOS do
“I Festival Ao Son do Masma” a cargo dos seguintes grupos:

- TUMBA E DÁLLE
- OS MODERNOS
- TANTO NOS TÉN
- QUEMPALLOU


- Tumba e dálle- Os Modernos- Tanto Nos Ten- Quempallou- festivais -












COMENTARIOS:



menos mal que alguen nos trae algo pra a mariña!

Enviado por moncho o 28/5/12 ás 00:34h





 

Opina sobre esta nova








Ver m�is novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal