>> Iniciar Sesión  




+     

 


 

Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión
Fonte / Máis información

(ultima actualización: 17 / 9 / 08 )



Producido por Ramom Pinheiro e Nacho Muñoz, o CD sae á venda co el selo Falcatruada nunha edición dobre (vinilo e cd) e limitada a 900 exemplares. Tódo-los temas están dispoñibels para descarga libre no portal web de Eclectica Esemble (www.eclecticaesemble.com)

Levan dez anos xogando a mezclar a música tradicional con calqueira tipo de linguaxe artístico. Froito delo nace un disco co que poñen o punto e a aparte a unha traxectoria sen plans de futuro coñecidos.
Ecléctica Ensemble naceu en 2004 no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín da man dun grupo de artistas formado por Ugía Pedreira, Ramom Pinheiro, Richard Rivera e Davide Salgado.

"Somos unha rede, un contexto para a improvisación artística a partir das formas da cultura tradicional", explicou onte Pinheiro durante a presentación do disco no Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Co paso dos anos, ao lema fundacional Música pola supremacía estética uníronse artistas plásticos e audiovisuais, escritores e mais músicos de jazz ou electrónica, ate conformar unha reunión dunhas 30 persoas. Salgado apela a certo espírito romántico como motivación principal:
"Guíanos o interese colectivo e aproveitamos as sinerxias, pero facemos o que a cada un nos apetece, por eso o disco é un agasallo para nós mesmos".















COMENTARIOS:



www.anosaterra.org

Inicialmente acústico, os precursores do proxecto foron Ugia Pedreira, Ramom Pinheiro, Richard Rivera e Davide Salvado. Nestes oito anos, Eclectica Ensemble foi punto de encontro de músicos, actores, viderocreadores e dj, baixo a bandeira da liberdade creativa e a máxima da estética. Agora, coa edición do disco Electronic galician grooves, que recolle os temas que neste tempo se foron compoñendo, o proxecto pon punto e a parte ao seu facer, non clausuran definitivamente o proxecto, pero tampouco de momento abren novas portas ao futuro.

Entre outras moitas actuación, os músicos de Ecléctica Ensemble participaron no musical dirixido por Carlos Blanco Dillei, tanto no apartado musical como no actoral. Ese primeira fase, cun carácter máis de grupo foi diluíndose pouco a pouco até rematar nun autentico laboratorio de formas.

Hoxe presentouse no Museo de Arte Contemporánea de Vigo o disco Electronic galician grooves, seis temas gravados nos estudios COH3 e masterizados en Londres no que se topan colaboracións de músicos coma Nacho Muñoz, Óscar Fernández Sanjurjo, Philippe Copin, Pedro Pascual ou Fernando Abreu, entre outros.

o proxecto pretendeu ademais permeabilizarse e deixarse enchoupar por outras disciplinas máis alá da música. Así, contou coa colaboración de videocreadores como Nela vj, do teatro, como Quico Cadaval ou das letras, como Estevo Creus e Lucía Aldao.

O disco, concibido como “un regalo para a xente que nos segue e para todos os que participamos da Ecléctica Ensemble”, en palabras de Pinheiro, edítase en vinilo, con compacto, póster e letras. Sae cunha edición limitada de 900 exemplares, pero pode descargarse de balde dende a súa web.

O proxecto interdisciplinar está a valorar dúas invitacións do Porto e de Londres para desenvolver alí o seu espectáculo.

Enviado o 17/9/08 ás 16:33h







Lo que impide a la gente vivir "ensemble" son sus tonterías, no sus diferencias( "Ensemble, c'est tout " de Anna Gavalda).

Enviado por purificacion jorquera caneiro o 27/5/09 ás 09:48h





 

Opina sobre esta nova








Ver máis novas.

 

 

 

 

 

 

 


 

 





 

Voltar á páxina principal