Xosé Ramón Vázquez (acordeón), Giao Rodrigues (guitarra e mandolina) e Roberto Santamarina (violín). Os tres foron compoñentes de Fía na Roca e presentan agora este proxecto en formato acústico. A súa música é, na súa maior parte, de composición propia, aínda que tamén reinterpretan pezas tradicionais.