
O Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA está a organizar para a última fin de semana deste mes de abril a FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 2012 que se celebrará na parroquia viguesa de Matamá no lugar do muiño da Regueira e onde haberán multiples actividades para nen@s e maiores: xogos, música, charlas, mostra etnográfica, muiñada, labranza, postos de artesania e agricultura ecolóxica... O sábado podes participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO (anotate: colectivomalaherba@gmail.com) e xa o domingo podes asistir vestido de labrego e participar na LABRANZA TRADICIONAL e despois quedar por un módico prezo (carne o caldeiro +pan + viño=6 euros)para o XANTAR POPULAR (fai a tua reserva telf. 651 73 90 90).
Ven a pasalo ben!!!. Estás convidad@!!!!
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
PROGRAMACIÓN DA FESTA:
Sábado 28 abril
-15h. APERTURA DA IV MOSTRA ETNOGRÁFICA DE MATAMÁ
-16h. OLIMPIADAS DO CAMPO (+ info en facebook colectivo malaherba. Anótate e participa: colectivomalaherba@gmail.com)
-19h. PALESTRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA:
- A horta autosuficiente (por Jacobo Ojea da horta do Cadaval) - Viticultura natural (método Masanobu Fukuoka) - As variedades do millo galego(a cargo dun investigador da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC)
-22h. Monólogo de CÁNDIDO PAZÓ
-23h. ARDENTÍA folc
-0h. MUIÑADA NOCTURNA
Domingo 29 abril
- 10.30 Saída do CARRO DOS BOIS dende a igrexa de Matamá ata o muiño da Regueira.
-11h. LABRANZA TRADICIONAL cunha parella de bois. Asiste vestid@ de labreg@!!!!
-12h. OS CATRO QUINTOS folc
-14h. XANTAR POPULAR. carne o caldeiro+pan+viño=6 euros.( Fai a túa reserva en colectivomalaherba@gmail.com ou no telf 651 73 90 90)
-16h. CE ORQUESTRA PANTASMA
-17h. SEMENTEIRA DO MILLO a cargo d@s nen@s asistentes a festa. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------- haberán POSTOS DE ARTESANIA e de PRODUCTOS ECOLÓXICOS... e o domingo POLBO A FEIRA!
|